Unha viaxe de altura con Monbus
Falar dos servizos discrecionais de Monbus, isto é, do servizo de aluguer de vehículos con conductor, implica remontarse máis dun século atrás, momento no cal a compañía xa realizaba viaxes a medida para grupos organizados. Dende aquela, este servizo foi cobrando maior protagonismo ata converterse nunha das principais liñas de negocio, xunto cos servizos de liña regular e o servizo de aluguer de vehículos sen conductor, completando así as 3 bases que conforman a oferta comercial da compañía.
Na actualidade máis de 200 vehículos conforman unha frota de aluguer equipada cos últimos avances tecnolóxicos e idade media inferior a 1 ano, entre os que hai modelos como os dobre piso Ayats Bravo IR e Setra S431 DT, ambos con bastidor Mercedes - Benz. Estos vehículos son proba da firme aposta por un servizo con altas prestacións en seguridade, confort e capacidade, xa que con máis de 80 prazas, cintos de seguridade, servizo Wi-Fi gratuito, iluminación individual, acceso e espazo reservado para PMR, mesas de xogos, cristais extratintados e aseos WC, entre outros, ofrecen unha agradable experiencia para o viaxeiro.
Ademáis destes modelos, a ampla frota de discrecionais de Monbus está sempre preparada para cubrir todo tipo de acontecementos, xa sexan vodas, eventos particulares, traslado de equipos deportivos, excursións, festivais ou feiras, entre outros.