FROTA
AUTOCARES
Máis de 700 vehículos entre minibuses e autocares, cunha antigüidade media inferior aos 7 anos, cobren gran parte dos servizos que oferta Monbus, percorrendo cada ano máis de 50 millóns de quilómetros a través dunha boa parte da xeografía española e o estranxeiro. A frota renóvase anualmente cos últimos modelos do mercado, o que nos permite un servizo de calidade superior.
Minibuses con capacidade media - baixa
Se viaxas cun grupo reducido, se cadra interésache un pequeno vehículo de 9 metros de lonxitude máxima co que moverte de forma áxil en distancias curtas.
Autocares con capacidade estándar
Monbus pon á túa disposición unha ampla gama de autocares de ata 13 metros de lonxitude, concebidos para realizar desprazamentos de longa distancia do xeito máis seguro e confortable.
Autocares de gran capacidade
Ofertamos vehículos de tres eixes e 15 metros de lonxitude para un máximo de 69 pasaxeiros e tamén sofisticados autocares de dobre piso con capacidade de ata 89 prazas. Este tipo de vehículos son máis eficientes enerxeticamente e por extensión máis respectuosos co medio, ao contribuír á redución na emisión de gases nocivos e niveis sonoros.
Seguridade e confort
Todos os autocares de Monbus están equipados cos sistemas de seguridade e confort máis avanzados, para facer da túa viaxe unha experiencia realmente pracenteira.
SEGURIDADE
- Sistema Antibloqueo (ABS)
- Sistema de tracción antiescorregadizo (ASR)
- Control de Estabilidade (ESP)
- Sistema Integral Antixiro
- Freo hidráulico (Intarder)
- Cinturón de seguridade en cada asento
- Cristais dobres
- Control automático de velocidade (Tempomat)
- Espellos eléctricos calefactables
- Cámara marcha atrás
- Faros de iluminación Bixenon
CONFORT
- Butacas anatómicas e reclinables
- Elevación e descenso da carrocería para maior facilidade de acceso (Level)
- Repousapés
- Revisteiro
- Climatización de temperatura
- Saída de aire individual
- Pantallas planas TV LED de ata 22 polgadas
- Conectividade USB en cabina de mando
- Neveira
- WC Aseos
Wi-Fi
Durante a viaxe poderás conectarte a internet de forma inalámbrica e completamente gratuíta a través do teu computador portátil, smartphone ou tablet. A día de hoxe, máis do 50% dos vehículos da frota de Monbús levan instalada tecnoloxía Wi-Fi para o gozo dos pasaxeiros e ampliarase a oferta nun número importante deles.
ELEMENTOS DE CONFORT OPCIONAIS
- Asento Confort Plus Butacas de calidade superior e maior distancia entre elas para viaxar cun plus de comodidade.
- Asento Excellence Asentos de luxo e gran separación entre butacas para unha ampla reclinación. Unha experiencia de viaxe próxima á excelencia.
- Accesibilidade PMR Monbus realiza importantes esforzos para proporcionar un servizo de transporte público adaptado para todos os cidadáns. Na actualidade, un de cada dous autocares de Monbus é perfectamente accesible para Persoas de Mobilidade Reducida (PMR), xa que dispoñen de ramplas de acceso mecanizadas e espazos deseñados especificamente para este tipo de necesidades. O noso obxectivo é facilitar a entrada e posterior desaloxo dos vehículos a calquera viaxeira ou viaxeiro que se desprace en cadeira de rodas, a persoas maiores, usuarias/os de muletas ou bastóns e en xeral a calquera persoa con algún tipo de discapacidade física, sensoria, intelectual ou con limitación na comprensión.
- Enchufe Individual e USB Se levas contigo un computador portátil, smartphone ou tablet agora poderás navegar por internet ou seguir traballando sen temor a que se che esgote a batería durante a viaxe, sendo un dos extras preferidos polos usuarios.
- Mesas de xogos e xuntanzas Solicítanos a instalación dunha ou varias mesas se o que buscas é entretemento e diversión con amigos ou talvez organizar unha xuntanza de negocios na estrada. Esta opción só está dispoñible para servizos de transporte discrecional á carta.
- Entretemento a bordo Monbus, da man de Vibasa, ofréceche acceso totalmente gratuíto a contidos multimedia (películas, series, música, xogos, internet?) por medio de pantallas táctiles en butacas dianteiras ou desde o teu propio dispositivo (smartphone, tableta e computador) no resto de prazas. Dei adeus ás viaxes longas!
- Iluminación interior LED de lectura individual Con este sistema de “luz fría” minimízase a emisión de calor, o que posibilita que poidas gozar da lectura dunha revista ou dunha novela durante o tempo que queiras.
- Mesas abatibles no respaldo da butaca Resultaranche de utilidade para apoiar o teu dispositivo electrónico e demais aparellos, así coma unha botella de auga ou lata de refresco cando o precises.
- Cristais privacy extratintados Consigue por un lado unha maior protección ante a incidencia dos raios solares e por outro un plus de privacidade para os teus desprazamentos en grupo.