RUTAS E PUNTOS DE VENDA
Rutas rexionais de autobús en Galicia
A historia de Monbus constrúese da man de empresas emblemáticas de Galicia especializadas no transporte rexional. Este coñecemento do sector, unido á modernización da frota de autobuses, fan que milleiros de viaxeiros sigan confiando ano a ano en nós. Grazas a eles, Monbus é o principal operador de transporte rexional de viaxeiros por estrada de Galicia. Empresa Monforte, Castromil, Transportes la Unión, La Directa, Gómez de Castro, Auto Industrial e Villalón entre outras empresas comunican diariamente a máis de 500 núcleos de poboación repartidos por toda a Comunidade Autónoma Galega.
Rutas principais e destinos de interese
As liñas regulares de Monbus lévante á práctica totalidade da Comunidade Autónoma de Galicia. Agora tes grandes descontos nas viaxes en autobús entre Santiago de Compostela e as principais cidades de Galicia ( Vigo, Ourense, Pontevedra e A Coruña) e tamén noutras rutas do Eixe Atlántico como Pontevedra - Vigo, A Coruña - Vigo e A Coruña - Pontevedra.
Se o prefires podes ir con Monbus dende Compostela aos destinos máis destacados das Rías Baixas (Sanxenxo, O Grove, A Toxa) y a Costa da Morte (Fisterra, Muros, Noia).
Tamén podes viaxar dende Santiago cara a Fisterra e moitas máis rutas de A Costa da Morte con Monbus.
Entre as rutas da Galicia Interior quizais che interesen Ourense – Vigo, Ourense – Santiago de Compostela e Lugo – Vigo.
A continuación mostrámosche unha selección dos servizos de transporte de viaxeiros en autobús e autocar de Monbus dentro de Galicia. Podes facer clic no enlace da ruta que queiras para mercar billetes, ver o itinerario no noso mapa interactivo ou simplemente consultar horarios. Tamén podes facer clic nalgún dos nosos destinos frecuentes e explorar no mapa todos os servizos de transporte de Monbus que conectan con esa localidade.
Rutas Atlántico Rutas principais con destino a: Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Ferrol dende: | ||||
Santiago de Compostela | A Coruña | Vigo | Pontevedra | Ferrol |
Rutas Rías Baixas Rutas principais con destino a: Sanxenxo, O Grove, A Toxa, Vilagarcía e Cambados dende: | ||||
Santiago de Compostela | Vigo | Pontevedra | ||
Rutas Costa da Morte Rutas principais con destino a: Noia, Muros e Fisterra dende: | ||||
Santiago de Compostela | ||||
Rutas Galicia interior Rutas principais con destino a: Lugo, Ourense, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos, Chantada, Verín e Sarria dende: | ||||
Santiago de Compostela | Vigo | Pontevedra | Lugo | Ourense |
Con Monbus podes viaxar a moitos máis destinos de Galicia que poderían interesarche. Descubre toda a nosa oferta de servizos de transporte regular de viaxeiros por estrada explorando o noso mapa interactivo.