Condicións Xerais de Compra
A continuación podes comprobar un extracto das condicións xerais de compra da páxina web www.monbus.es. No proceso de compra deberás ler e aceptar tanto o texto íntegro das condicións de compra coma o das condicións do servizo de transporte concreto para o que adquiras o billete.
Proceso de compra de billetes por Internet
Para realizar a compra a través de Internet é preciso que sigas e completes todos e cada un dos pasos que se indican no sitio web, e que a continuación resumimos. A compra unicamente considerarase finalizada unha vez que introduzas os datos bancarios e sexa confirmado o pago pola túa entidade bancaria, momento no que se efectuará o cargo do importe do billete e se procederá á súa emisión.
Ten en conta que poderás adquirir os teus billetes nesta web sempre que estea habilitada a opción para o teu percorrido. En todo caso, se non estivese habilitada ou se prefires adquirir os billetes no despacho, a través da páxina web podes obter información sobre as rutas, horarios e puntos de venda.
Unha vez na pantalla de inicio podes acceder ao proceso de compra de dous xeitos: a través do apartado “Elixe o teu proxecto” ou do apartado “Compra de billetes e horarios”. En ámbolos dous casos, o proceso é o mesmo e ao inicialo podes elexir se precisas axuda ou non. Se seleccionas a axuda a aplicación guiarate paso a paso durante o proceso de compra e irá solicitando, en cada momento, os datos necesarios para poder adquirir o billete que desexes. Recomendámosche que selecciones a axuda, sobre todo se é a primeira vez que adquires un billete neste portal. Pola contra, se non seleccionas a axuda, deberás ir cubrindo os datos precisos seguindo o proceso que resumimos a continuación:
1.- Selecciona o lugar de orixe. Debes escribir polo menos as dúas primeiras letras do lugar de orixe para que aparezan os posibles resultados. De entre todas as paradas coincidentes coa túa busca debes seleccionar a que te interese.
2.- Selecciona o lugar de destino seguindo o mesmo criterio que no paso anterior.
3.- Unha vez elexida a orixe e destino do servizo, debes indicar o número de pasaxeiros, tipo de billete (ida; ida e volta; ida e volta aberta) e escoller no calendario a data de saída e, no seu caso, a de volta.
Cando xa teñas cuberto os datos anteriores, deberás solicitar a busca das expedicións facendo clic no recadro de cor azul que indica “Mercar/ver horarios”. A continuación aparecerán en pantalla as diferentes expedicións que existen segundo os parámetros de busca que indicaches anteriormente.
4.- Unha vez na pantalla dos horarios, deberás seleccionar a expedición para a que desexas adquirir o billete de ida (e volta se seleccionaches un billete de ida e volta pechada). Neste paso tamén podes consultar o itinerario da expedición, a súa hora de saída, así coma a hora estimada de chegada e a súa duración aproximada.
A visualización do itinerario da expedición realizarase a través do calculador de rutas de Google Maps, sendo intención da empresa que sexa o máis fiable posible e, en consecuencia, que reflicta o itineario real, pero ao tratarse dunha aplicación informática para calcular rutas, pode conter algún erro alleo á vontade da empresa. En todo caso, se tes algunha dúbida sobre o itinerario ou paradas da expedición podes chamar ao teléfono de información que se indica no presente documento.
5.- Posteriormente debes seleccionar o tipo de tarifa. Neste paso é cando verás os distintos descontos aplicables ao servizo que elixas, puidendo seleccionar aquel ao que teñas dereito.
Nota: Se seleccionas un desconto tes que estar en posesión do documento xustificativo en vigor, debendo amosalo ao condutor antes de acceder ao autocar para poder realizar a viaxe. No caso de non amosar documentación que xustifique que eres beneficiario do desconto, ou a mesma non se atope en vigor na data da viaxe, o billete considerarase nulo, polo que deberás adquirir un novo billete para poder realizar o servizo (máis información no apartado de descontos das presentes condicións xerais).
6.- Unha vez seleccionada a tarifa debes elixir a praza do autocar na que desexes viaxar (esta opción só estará dispoñible naqueles servizos que dispoñan desta posibilidade) e facer clic en “continuar”.
Se adquires billetes para varios viaxeiros podes seleccionar a praza para cada un deles.
No caso de non seleccionar prazas asignaráseche unha de xeito automático.
7.- A continuación poderás facturar equipaxes especiais ou o exceso de equipaxe (naquelas expedicións que teñan habilitada esta opción).
8.- No seguinte paso deberás facilitar os datos dos viaxeiros e facer clic en “continuar”. Se o desexas podes adquirir todos os billetes a nome dunha mesma persoa (o comprador). Esta posibilidade ven habilitada por defecto.
Os datos que se solicitan resultan necesarios, de modo que, se non se facilitan, non será posible concluir o proceso de compra.
9.- Unha vez cubertos os datos dos viaxeiros poderás comprobar o importe final dos billetes. A continuación debes facer clic en “mercar” e o portal levarache á pantalla de resumo e pago, na que figura a información da viaxe, o código de reserva e os datos de contacto que introduciras no paso anterior. Así mesmo, figura un resumo do prezo dos billetes segundo os diferentes conceptos.
Neste paso deberás comprobar que os datos que se indican son correctos e se axustan á túa elección. En caso contrario poderás volver atrás e realizar as modificacións necesarias.
10.- Despois de comprobar os datos deberás verificar que o enderezo de correo electrónico que facilitaches sexa correcto e ler as condicións de pago e de transporte. Para poder continuar co proceso de compra deberás aceptar as citadas condicións, polo que é importante que as leas con detemento. Se non estiveses de acordo coas condicións podes cancelar o proceso de compra.
No caso no que o enderezo de correo sexa correcto e esteas de acordo coas condicións de pago e de transporte, deberás indicalo facendo clic nas pestañas de verificación.
11.- Unha vez aceptadas as condicións, deberás facer clic en “pagar”. A continuación serás enviado a unha pasarela de pago onde poderás abonar o importe da compra. Recomendámosche que tomes nota do teu código de reserva para facilitar a resolución de calquera problema que poida xurdir.
12.- Ao concluír o pago mostrarémosche en pantalla o/os billete/s comprado/s nun formato que che permitirá gardalo en calquera dispositivo e mostralo ao condutor no momento de subir ao vehículo.
Se despois de efectuar o pago, non puideses visualizar os teus billetes, deberás comunicalo ao Departamento de Atención ao Cliente (+34 900 92 91 92) ou a través do correo info@monbus.es) facilitando a referencia do billete ou os datos dos que dispoñas para poder identificar a operación, así coma un número de teléfono de contacto.
Se o desexas podes comunicarnos calquera incidencia ou suxestión a través da Caixa de Correo de Suxestións da páxina web. Así mesmo, na sección de Preguntas Frecuentes podes comprobar se se da resposta á suxestión ou incidencia que formules.
Ofertas especiales exclusivas para a compra online
En ocasións, a empresa transportista poderá ofertar billetes con descontos especiais que supoñan unha rebaixa respecto da tarifa normal, e que só afecten a unhas expedicións e prazas concretas determinadas libremente por ésta.
Durante o proceso de compra ou consulta de horarios na web www.monbus.es, no momento que selecciones unha expedición concreta, poderás comprobar as distintas tarifas existentes para a mesma facendo clic sobre o prezo indicado e/ou no enlace “Ver descontos” e, no seu caso, se ten ofertas dispoñibles en venda online.
No caso de que se oferten ese tipo de billetes a prezos especiais estes estarán suxeitos ás seguintes condicións especiais:
1.- Calquera usuario da web www.monbus.es poderá acollerse a estas ofertas cando adquira un billete de ida, sempre e cando se atopen dispoñibles para a expedición concreta que seleccione.
2.- O número máximo de prazas dispoñibles para a venda baixo este tipo de ofertas será variable para cada expedición en función de criterios de explotación.
3.- O prezo do billete suxeito á oferta será sempre inferior á tarifa normal, e o seu importe será variable dependendo da ubicación da praza no vehículo.
4.- Os billetes emitidos baixo esta oferta serán exclusivamente de ida, polo que non se poderán adquirir billetes de ida e volta con este tipo de promoción.
5.- Non se poderá aplicar ningún desconto a estas tarifas, ao tratarse xa dunha oferta especial.
6.- Os billetes adquiridos con este tipo de tarifa non poderán ser modificados nin anulados.
7.- A empresa transportista reśervase o dereito para establecer aquelas expedicións concretas nas que se establecerán este tipo de ofertas, así como as prazas afectadas polas mesmas.
8.- Igualmente a empresa transportista resérvase o dereito a modificar a capacidade do vehículo que finalmente preste o servizo, actuación que podería implicar nalgún caso que fose necesaria a reubicación das prazas seleccionadas polos usuarios, se ben en todo momento se respectarán as tarifas contratadas por cada un deles. Por tanto ningunha responsabilidade se poderá esixir á empresa en caso de reubicación das prazas seleccionadas.
9.- Este tipo de ofertas só se poderán contratar a través da venda online na web www.monbus.es.
10.- As tarifas poderán variar en función da proximidade á data de saída da expedición. En xeral, canta maior sexa a antelación coa que se realice a consulta respecto á data de saída poderás beneficiarte de maiores descontos.
11.- Non se incluirán nestas promocións os casos nos que a empresa habilite un vehículo de reforzo para atender intensificacións de tráfico. Nestes casos os usuarios que desexen viaxar no servizo de reforzo deberán abonar a tarifa correspondente establecida no título concesional.
Medios de Pago
Os únicos medios de pago aceptados no portal son: tarxeta financeira Visa, MasterCard, JCB e PayPal.
Seguridade e Confidencialidade no Proceso de Pago
Co obxecto de garantir a seguridade das transaccións efectuadas a través do portal web, a verificación e xestión previa da información que facilites respecto da tarxeta de pago realizarase directamente polo provedor ou emisor do medio de pago empregado, o cal adopta outras medidas para evitar o fraude que poden provocar o rexeitamento de certo tipo de operacións. Nin MONFOBUS, S.L. nin, no seu caso, a entidade titular do servizo de transporte serán responsables dos prexuízos que puidera ocasionar a aplicación das políticas que teñan aprobadas os distintos provedores ou emisores de medios pago.
Queda prohibido o emprego dun medio de pago titularidade dun terceiro, agás no caso de contar coa autorización expresa de dito terceiro, sendo responsabilidade do usuario a proba de dita autorización e asumindo todos os danos e prexuízos que se produzan a MONFOBUS, S.L. e/ou á entidade titular do servizo de transporte.
Factura
Para solicitar a factura debes remitir unha copia do teu billete ao enderezo que se indica a continuación, incluíndo os datos do destinatario e o enderezo a onde queres que a enviemos.
O enderezo ao que debes remitir a soliciude da factura é a seguinte: R/ Cotón de Arriba nº 2, Polígono da Louzaneta, 27297 LUGO. No sobre tes que indicar que a solicitude vai dirixida ao Departamento de Facturación.
Información adicional
1. Servizos de longo percorrido
As seguintes condicións aplican aos servizos de longo percorrido das concesións VAC-053 Coria – Salamanca – Barcelona con hijuelas e VAC-219 Vigo (Pontevedra), Irún (Guipúscoa) e Barcelona.
1.1 - BilleteTodos os billetes que adquiras no sitio web son nominativos e unicamente serán válidos para a data e hora que figuren no mesmo.
O importe total dos billetes que se adquiren a través da páxina web componse polo prezo do billete segundo as tarifas vixentes, máis unha cantidade de 1,00€ polos gastos de xestión correspondentes a este canal de venda. Os gastos de xestión aplicaranse a cada billete.
Non procederá a devolución dos gastos de xestión no caso de anulación do billete por parte do usuario.
Aos usuarios que formen parte do Club Monbus, e se identifiquen correctamente como tales no proceso de venda, non se lles cobrarán os gastos de xestión pola compra dos billetes a través da web.
Para poder acceder ao autocar é preciso que amoses ao conductor/a o billete (impreso ou en formato dixital), así coma o teu DNI, NIE ou pasaporte que xustifique a titularidade. No caso no que todos os billetes se adquirisen a nome dunha mesma persoa, esta deberá amosar o seu DNI, NIE ou pasaporte para acreditar a titularidade dos billetes. De igual xeito, no caso no que pretendas obter un duplicado do billete no despacho, deberás aportar o DNI, NIE ou pasaporte que te identifique e acredite a titularidade do billete.
Se non presentas o billete e a documentación que acredite a titularidade no momento de subir ao autobús, non poderás acceder ao autocar e, polo tanto, perderás o servizo, sen dereito á devolución do prezo do billete nin ao seu cambio para outra hora ou data.
Deberás conservar o billete polo menos ata a finalización do servicio.
1.2 - Billetes de Ida e Volta
Naqueles servizos nos que se permita e oferte esta posibilidade, poderás adquirir o billete de ida e volta a través do sitio web, de acordo coas condicións de compra. As condicións do billete de ida e volta serán as mesmas cas do billete sinxelo, agás no suposto que adquiriras o billete coa volta aberta, isto é, sen designación do servizo (orixe, destino, data, hora, etc.). Deberás confirmar a volta coa maior antelación posible, estando condicionada á existencia de prazas dispoñibles na data solicitada.
1.3 - Modificacións
Tes dereito a modificar o billete gratuitamente en tres ocasións sempre que solicites a modificación con máis de dúas horas de antelación sobre a hora de saída do servizo. Unha vez realizada a primeira modificación perderás o dereito á anulación do billete, mantendo unicamente o dereito a modificalo noutras dúas ocasións. Así mesmo, a posibilidade de efectuar modificacións dos billetes caduca aos tres meses da súa adquisición.
As únicas modificacións permitidas serán: data e hora da expedición, así coma a praza (no caso que se trate dun servizo no que se poida elixir praza).
Non poderás efectuar modificacións dos billetes ou bonos con tarifa especial (promocións e descontos especiais).
Para poder modificar o teu billete a través do sitio web deberás ir á páxina de inicio, e introducir o código de reserva e o teu e-mail ou código de acceso no apartado habilitado para xestionar a túa reserva. A continuación fai clic en “Quero ver a miña reserva” e poderás ver os datos do teu billete. Como podes comprobar, nesta sección podes modificar, anular ou imprimir o billete e tamén podes facturar equipaxe especial ou exceso de equipaxe naqueles servizos nos que estea habilitada esta opción.
1.4 - Anulacións
A petición de anulación do billete levará consigo a perda ou desconto do 10% do importe de compra do mesmo, cando o solicites antes das 48 horas inmediatas á saída do autocar.
Se solicitas a anulación entre as 48 e 2 horas inmediatamente anteriores á saída do autocar, a penalización retida será do 20%.
Non se admitirá a anulación do billete nin, por conseguinte, terás dereito á devolución de importe algún dentro das 2 horas anteriores á hora estimada de saída do servizo.
Se non te presentas no lugar e momento da saída indicados no billete, perderás a viaxe e non terás dereito a cambio de billete ou devolución do seu importe.
Non se admitirá a anulación dun billete que fora modificado.
No caso de anulación dun billete de ida e volta, terás dereito á devolución do prezo do billete de menor importe (volta) coa penalización correspondente.
Os billetes adquiridos por Internet unicamente se poderán anular a través da aplicación web de www.monbus.es, non admitíndose neste caso a solicitude de anulación en despacho, axencia de viaxes, etc.
Para poder anular o teu billete a través do sitio web deberás ir á páxina de inicio e intoducir o código de reserva e o teu e-mail ou código de acceso no apartado habilitado para xestionar a túa reserva. A continuación fai clic en “Quero ver a miña reserva” e poderás ver os datos do teu billete. Como podes comprobar, nesta sección podes modificar, anular ou imprimir o billete e tamén podes facturar equipaxe especial ou exceso de equipaxe, naqueles servizos nos que estea habilitada esta opción.
2. Servizos de curto percorrido
As seguintes condicións aplican aos servizos interurbanos e metropolitanos das concesións de Galicia, Andalucía e Aragón.
2.1.- Billete
Todos os billetes que adquiras no sitio web son nominativos e unicamente serán válidos para a data e hora que figuren no mesmo.
2.2.- Modificacións Tes dereito a modificar o billete @gratuitamente en tres ocasiones sempre que solicites a modificación con máis de dúas horas de antelación sobre a hora de saída do servizo. Unha vez realizada a primeira modificación perderás o dereito á anulación do billete, mantendo unicamente o dereito para modificalo noutras dúas ocasións. Así mesmo, a posibilidade de efectuar modificacións dos billetes caduca aos tres meses da súa adquisición. As únicas modificacións permitidas serán: data e hora da expedición, así como a praza (no caso de que se trate dun servizo no que se poida elixir praza). Non poderás efectuar modificacións dos billetes ou bonos con tarifa especial (promocións e descontos especiais). Para poder modificar o teu billete a través do sitio web deberás ir á páxina de inicio, e introducir o código de reserva e o teu e-mail ou código de acceso no apartado “Xestiona o teu reserva”. A continuación, feixe clic en Quero ver o meu reserva e poderás ver os datos do teu billete. Como podes comprobar nesta sección podes modificar, anular ou imprimir o billete, e tamén podes facturar equipaxe especial ou exceso de equipaxe naqueles servizos nos que estea habilitada esta opción. 2.3.- Anulacións A petición de anulación do billete non conlevará a perda ou desconto de ningún importe cando o solicites antes das 2 horas inmediatas á saída do autocar. Non se admitirá a anulación do billete, nin por conseguinte terás dereito á devolución de importe algún dentro das 2 horas anteriores á hora estimada de saída do servizo. Se non te presentas no lugar e momento de saída indicados no billete, perderás a viaxe e non terás dereito a cambio de billete ou devolución do seu importe. Non se admitirá a anulación dun billete que fose modificado. Os billetes adquiridos por Internet unicamente poderanse anular a través da aplicación web de www.monbus.es, non admitíndose neste caso a solicitude de anulación en despacho de billetes, axencia de viaxes, etc. Para poder anular o teu billete a través do sitio web deberás ir á páxina principal e introducir o código de reserva e o teu e-mail ou código de acceso no apartado “Xestiona o teu reserva”. A continuación, feixe clic en Quero ver o meu reserva e poderás ver os datos do teu billete. Como podes comprobar nesta sección podes modificar, anular ou imprimir o billete, e tamén podes facturar equipaxe especial ou exceso de equipaxe naqueles servizos nos que estea habilitada esta opción. En cumprimento co establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía de Dereitos Dixitais, os datos que se che solicitan no proceso de compra e que son necesarios para poder adquirir os billetes, serán tratados e quedarán incorporados en ficheiros responsabilidade de MONFOBUS, S.L., os cales están rexistrados na Axencia Española de Protección de Datos, coas seguintes finalidades: facilitar a xestión da relación contractual, facilitar o acceso ao sitio web mediante claves de acceso; satisfacer unha petición concreta, entrega, consulta ou prestación dun servizo solicitado polo usuario; administrar o rexistro de usuarios e realizar enquisas sobre a satisfacción dos servizos ofrecidos a través do sitio web; poder contactar co usuario, atender e xestionar axeitadamente as consultas, comentarios, incidencias ou suxestións remitidas; xestionar as tarefas básicas de administración; atender e xestionar axeitadamente as solicitudes de orzamentos que nos remitiran a través deste medio; manter informados aos usuarios por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación das novidades, produtos e servizos ofertados que puidesen ser do seu interese; xestionar satisfactoriamente a compra de billetes online; xestionar a alta, modificación ou baixa das tarxetas ou/e bonos ofertados, levar a cabo as xestións necesarias para axeitar a participación dos usuarios en procesos de selección de persoal ofertados, etc... Os datos que solicitamos resultan necesarios, de xeito que, de non facilitalos, non será posible concluír o proceso de compra. Neste sentido, ao aceptar as presentes condicións consintes expresamente a recollida e o tratamento dos mesmos para as citadas finalidades. Para tal efecto, podes consultar no sitio web a política de privacidade na que obtendrás máis información sobre o tratamento dos teus datos de carácter persoal. De igual xeito, mediante a aceptación das condicións, autorizas a cesión dos teus datos de carácter persoal á entidade do servizo de transporte para a que adquiras o billete, a cal utilizará os citados datos coas mesmas finalidades que se acaban de indicar e cumprirá coas obrigacións contidas na LOPD. En todo caso, podes exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndote ao seguinte enderezo; R/ Cotón de Arriba nº 2, Polígono da Louzaneta, 27297 LUGO. Rogamos que no suposto de producirse algunha modificación nos teus datos de carácter persoal, nolo comuniques co fin de manter actualizados os mesmos. Teléfonos de información servizo de transporte por estrada: +34 900 92 91 92 Horario de Atención ao Cliente a través do teléfono de información de transporte por estrada:Cesión de datos de carácter persoal
Contacto