RUTAS E PUNTOS DE VENDA
Transporte urbano e metropolitano de Galicia
Transporte Urbano en Galicia
Monbus xestiona na comunidade autónoma galega o transporte urbano de Santiago de Compostela e Lugo, aportando solucións de mobilidade á medida de ditas cidades. A accesibilidade aos vehículos, a eficiencia enerxética e o respecto ao medio ambiente son pilares básicos sobre os que se sustentan este tipo de servizos. A innovación tecnolóxica a través da instauración de terminais de información en paradas, tarxetas sen contacto e os sistemas de axuda á explotación, permiten a Monbus ofertar un transporte público de calidade e eficiente, que soluciona os problemas de mobilidade nos diferentes núcleos urbanos.
Transporte Metropolitano de Galicia
Monbus está adscrito ao actual Plan de Modernización das concesións do transporte público regular da Xunta de Galicia. Neste plan establécense sete áreas de transporte metropolitano en Galicia, das cales, a día de hoxe, xa están instauradas catro (A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol e Lugo), estando en proceso de desenvolvemento as tres últimas (Pontevedra, Vigo e Ourense) que completarán o sistema de Transporte Metropolitano da Xunta de Galicia (TMG).
Este sistema ten como obxectivo fundamental brindar un servizo de transporte público de calidade, a través do incremento na oferta de servizos, a mellora das infraestruturas, a incorporación de paneis informativos nas paradas, marquesiñas, etc.
Tarxeta Metropolitana
A través da nova política de tarifas aplicada no Plan de Transporte Metropolitano, os usuarios poden obter grandes vantaxes económicas coma a bonificación do prezo da viaxe ou os transbordos gratuítos, así coma descontos adicionais a determinados colectivos.
A nova Tarxeta Metropolitana sen contacto é o soporte tecnolóxico do sistema zonal e resulta válida para todas as empresas de transporte público, incluíndo os operadores de transporte urbano nas cidades nas que estea implantado (actualmente Santiago de Compostela e Lugo).
Trátase, por tanto, dunha aposta polo transporte público como alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado. Para iso, preténdese facilitar a accesibilidade e a mobilidade no contorno de todas as áreas metropolitanas, conectando as redes de transporte público urbanas e interurbanas.
Horarios
Para consultar os horarios de autobús dentro de cada área metropolitana de Galicia fai clic no enlace correspondente:
- Horarios área metropolitana A Coruña
- Horarios área metropolitana Santiago de Compostela
- Horarios área metropolitana Ferrol
- Horarios área metropolitana Lugo
Servizos de atención ao usuario
Se queres expresar a túa opinión acerca dalgún dos servizos ofertados nas áreas metropolitanas galegas poderás dirixirte á Xunta de Galicia a través do seguinte formulario de queixas e suxestións.