EMPRESA
MONBUS
Os autocares Monbus foron testemuñas de infinidade de vivencias, historias, despedidas e reencontros… Fai máis de cen anos que connosco viaxan persoas e con elas, tamén os seus soños e desexos. Por iso, esforzámonos día a día en facer que a túa viaxe sexa máis cómoda e segura.
Os acontecementos que marcaron o devir das empresas máis emblemáticas de Monbus e outras moitas anécdotas e curiosidades están representadas nesta liña do tempo interactiva.
Viaxa a través da nosa historia!
Queremos seguir escribindo contigo as páxinas da nosa historia, porque o teu destino é a nosa orixe.
HISTORIA DE MONBUS
1936 - 1939. O nacemento
Monbus funde as súas raíces no seo dunha modesta empresa familiar galega fundada durante a Guerra Civil Española (1936 - 1939) polo sarriao Raúl López Loureiro (1913 - 1978).
A actividade principal da empresa, que adoptou o nome de “Raúl - Sarria” era o transporte de viaxeiros por estrada e o seu maior activo, unha camioneta valorada en apenas 500 pesetas.
HISTORIA DE MONBUS
Anos 50. Feiras do gando
O negocio fundamental era o traslado de animais e gandeiros en autocares mixtos ás distintas feiras da provincia de Lugo.
HISTORIA DE MONBUS
Anos 60. Primeiros autopullman de luxo
A empresa, aínda que conserva o seu ámbito localista (Sarria - Lugo), xa conta con cinco autocares.
HISTORIA DE MONBUS
Anos 70. Servizos discrecionais
A empresa amplía o seu radio de acción: opera en toda a provincia de Lugo e aumenta a frota a quince autobuses, que fundamentalmente se ocupan de servizos discrecionais (viaxes esporádicos e diferentes destinos a petición de grupos organizados) e minoritariamente ao transporte escolar.
HISTORIA DE MONBUS
1977 - 1978. O relevo xeracional
Raúl López López recolle a testemuña da compañía, ata entón en mans do seu pai Raúl López Loureiro.
Prodúcese entón a adquisición de Empresa Monforte, S.A. (EMSA) e Autobuses Urbanos de Lugo, S.A. (AULUSA).
Liña “Lugo - Monforte - Compostela” e transporte no casco urbano de Lugo.
A empresa alcanza a cifra de 30 autobuses e 60 empregados.
HISTORIA DE MONBUS
Anos 80. Consolidación de Empresa Monforte
Incorporación de “Rutas a Cataluña, S.A.” (RUACASA) e incorpóranse Empresa Ribadeo, S.A. e Gómez de Castro, S.A. Liñas “Lugo - Barcelona”, liñas “A Coruña - Lugo - Viveiro - Foz - Ribadeo” e “Lugo - Vigo”
A empresa comeza a modernizarse cos vehículos punteiros do momento.
Frota do 40 vehículos e 100 empregados.
HISTORIA DE MONBUS
1990 – 1993. Incorporación de VIBASA
Dende os seus inicios, no ano 1990, Vibasa mantivo un constante e crecente desenvolvemento ata erixirse nunha figura destacada no transporte de longo percorrido de viaxeiros por estrada.
Liñas: “Vigo - Barcelona”, “Galicia - Euskadi” e “Irún - Barcelona”.
A partir do ano 2012, Vibasa levou a cabo unha renovación completa da frota coa liña de autocares MAXIMUN, vehículos especialmente deseñados para maximizar a seguridade e a comodidade dos usuarios en viaxes de longa distancia.
Compra de VIBASA - GAESA e IRBARSA (38 Autobuses e 75 Empregados).
HISTORIA DE MONBUS
1998. Outras áreas de actividade
Adquisición da axencia de Viajes Hemisferios, S.L. A actividade da empresa xira arredor de:
- A elaboración dun amplo abano de programas e circuítos turísticos.
- A xestión de "Os catamaráns de Lugo”, cunha embarcación que efectúa rutas fluviais de carácter turístico - cultural polos Canóns do Sil, situados na Ribeira Sacra galega.
HISTORIA DE MONBUS
2000. Presenza na provincia de Pontevedra
Adquisición de Transportes La Unión, S.A., Autobuses de Pontevedra, S.A. e recompra de Gómez de Castro, S.A., trala súa venda en 1985.
Liñas Rias Baixas “Vigo - Pontevedra” e liña “Lugo - Vigo”.
135 autobuses e 220 empregados.
HISTORIA DE MONBUS
2002. Incorporación do grupo Castromil, S.A
Compra Grupo Castromil S.A.
Liña “A Coruña - Santiago - Vigo - Ourense”.
110 autobuses e 180 empregados.
HISTORIA DE MONBUS
2004 - 2006. Expansión internacional
Dende 2005 Monbus participa na empresa alemana Deutsche Touring (DGT), o primeiro operador de autobuses de longa distancia en Europa. A principal área de negocio de DTG son as liñas internacionais regulares de autobús entre Alemaña e ata 800 destinos de 34 países europeos e Marrocos.
2006. Eurolines Peninsular e Transporte Urbano
Compra de Eurolines Peninsular (Grupo Juliá))
A empresa ten o seu centro de operación na cidade de Barcelona e realiza rutas por toda Europa dentro da rede Eurolines, percorrendo máis de 6 millóns de km. anualmente.
Crecemento no transporte urbano
En Galicia créase TRALUSA (Operadora do Transporte Urbano de Santiago de Compostela). 40 autobuses e 100 empregados.
Na cidade de Burgos lévase a cabo o servizo de mantemento integral da frota do Transporte Urbano do Concello. 27 autobuses.
HISTORIA DE MONBUS
2007 - 2008. Consolidación en España
Castela A Mancha: Compra de Alsina, S.A. e La Requenense, S.A. Centro de operación en Castela A Mancha e Valencia. Liñas “Castela A Mancha - Comunidade Valenciana”. 80 autobuses e 100 empregados.
Ourense e Ferrol: Compra de La Directa e Rías Altas, S.A. (RIALSA). Liña “Lugo - Ourense”. Liña “Ferrol - Cedeira”
HISTORIA DE MONBUS
2009. Expansión nacional
Cuenca: Compra de Alsina Rodriguez, S.A. (operadora do transporte urbano de Cuenca). 16 autobuses e 38 empregados.
Catalunya: Adquisición da empresa catalana La Hispano Igualadina S.A. en 2009. Establécese o centro de operación nas cidades de Barcelona e Tarragona. 95 autobuses e 151 empregados. Coa adquisición desta empresa, Monbus convértese entón, no primeiro operador especial do transporte de viaxeiros por estrada constituído, integramente, por un conxunto de accionistas nacionais.
HISTORIA DE MONBUS
2011. Asentamento na Comunidade de Madrid.
Compra de Autobuses Alcalá, concesionaria do transporte Urbano de Alcalá de Henares (2011).
A empresa é dependente do Consorcio de Transportes de Madrid (CRTM) e ten o seu centro de operación en Alcalá de Henares, Madrid.
Esta operación supón o asento definitivo de Monbus na comunidade madrileña. 68 autobuses e 180 empregados.
Servizos periféricos de Alcalá de Henares. Liña de Pezuela.
Centro de operación en Pezuela, Madrid. 6 autobuses e 10 empregados.
Comunidade de Castela A Mancha: Adquisición do Transporte Urbano de Guadalaxara.
Centro de operación en Guadalaxara, Castela A Mancha. 36 autobuses e 96 empregados.
HISTORIA DE MONBUS
2014. Adquisición da concesión Estremadura-Salamanca-Barcelona Renfe-Iñigo
A sociedade Renfe Iñigo, S.A. foi constituída en 1978, aínda que as súas orixes remóntanse a 1921, coa primeira concesión administrativa que unía Salamanca coa localidade de A Veguillas, que posteriormente foi medrando ata as localidades de Colmenar de Montemaior. Tamén se creou a liña a Linares de Riofrío, a cal foise estendendo pola serra salmantina ata a localidade de Sotoserrano. Esta mesma liña foi ampliada nos anos 70 pola zona das Hurdes de Estremadura, ata a localidade de Coria.
A Sociedade, entre RENFE e Don Sebastián Iñigo Madera foi creada en 1978, na que a antiga ENATCAR división de transporte por estrada de RENFE, aportou a liña Salamanca-Barcelona (Actual Barcelona-Salamanca-Coria) e Don Sebastián todas as súas concesións, na provincia de Salamanca.
No ano 2002 realizouse unha renovación total da frota, contando actualmente cunha frota totalmente nova. Dende 2004 a sociedade conta co certificado ISO 9001 de control de calidade, e a partir de decembro do 2007, procedeuse a implantar a ISO 14001 de control de calidade medioambiental obtendo o correspondente certificado.
A sociedade tamén realiza transporte escolar, e servizos discrecionais.
HISTORIA DE LA HISPANO IGUALADINA
1916. As orixes
As orixes de La Hispano Igualadina remóntanse a principios do século pasado.
Coincidindo coa Primeira Guerra Mundial, o señor Josep Queralt Martí substitúe as dilixencias tiradas por cabalos por automóbiles, e xunto aos amantes do progreso técnico, funda unha sociedade adicada ao transporte. Así é como nace La Hispano Igualadina, o 5 de xaneiro de 1916. O seu nome xorde da combinación da famosa marca de vehículos “Hispano-Suiza” e a localidade onde está domiciliada a empresa.
HISTORIA DE LA HISPANO IGUALADINA
1929. Concesión Igualada - Barcelona
Co Real Decreto do 4 de xullo de 1924 iníciase un desenvolvemento vital para as vilas, coma é o transporte público e as comunicacións.
Será uns anos máis tarde, cando La Hispano Igualadina obteña a concesión entre Igualada e Barcelona, en réxime de libre competencia con outras empresas, entre elas La Montserratina.
HISTORIA DE LA HISPANO IGUALADINA
1936 - 1945. As dificultades da posguerra
Coa chegada da Guerra Civil Española chegan as dificultades para manter os servizos. Ademais, coa retirada das forzas gubernamentais en 1939, os vehículos son requisados e enviados a Francia.
Rematada a guerra, iníciase a busca dos vehículos requisados e, unha vez atopados, tráense cara a Igualada para a súa restauración. Lamentablemente catro vehículos xamais foron atopados...
HISTORIA DE LA HISPANO IGUALADINA
1950 - 1965. Ampliación á provincia de Tarragona
Faise cargo da empresa Alfredo Alsina Durán. Nese momento, La Hispano Igualadina tiña 17 autocares de gasolina, 18 de gasoil e uns 241 Km. de concesión que foi ampliando paulatinamente pola provincia de Tarragona.
HISTORIA DE LA HISPANO IGUALADINA
1970 - 2008. Novo impulso empresarial
Coa morte de Alfredo Alsina en 1970, fíxose cargo da dirección da empresa o seu fillo, que xa traballaba dende facía tempo na empresa.
Neste momento, as concesións de La Hispano xa sumaban 544 Km.
A nova xeración familiar deu un importante impulso á empresa, conseguindo adquirir e prolongar as concesións de xeito moi considerable.
HISTORIA DE LA HISPANO IGUALADINA
2009. Integración con Monbus
La Hispano Igualadina intégrase no Grupo de Empresas Monbus.
HISTORIA DE LA REQUENENSE
1915. Transporte de viño
Situada en terra de grandes viñedos, La Requenense adicábase na súa orixe ao transporte de mercadorías, en especial ao do viño. Organizaba longas viaxes de dous ou tres días a través de toda Castela A Mancha que se facían con carruaxes tirados por cabalarías.
HISTORIA DE LA REQUENENSE
1926. Transporte de viaxeiros en carruaxe
Comeza o transporte de viaxeiros en carruaxes nos que se realizaban transbordos frecuentes para poder superar longas distancias. Habitualmente partíase de Requena ata Vilatoia, onde se realizaba un cambio de carruaxe para continuar ata Mahora e de alí, ata Albacete realizando a mesma operación.
HISTORIA DE LA REQUENENSE
1930. Transporte de viaxeiros en autobús
Non será ata entón, cando comece o transporte de viaxeiros en autobús. Os autobuses da época funcionaban con combustible de gasóxeno, as súas rodas eran macizas e personalizábanse dotando ao vehículo con nome de muller.
HISTORIA DE LA REQUENENSE
1936. Guerra Civil Española
Durante a Guerra Civil Española, os vehículos foron incautados para levalos á fronte e xunto a estes, os propios condutores. Afortunadamente, una vez rematado o conflito bélico, case todos regresaron e puideron seguir prestando os servizos habituais.
HISTORIA DE LA REQUENENSE
1950 - 1989. Crecemento empresarial
A empresa comeza a adquirir máis volume e aumenta a súa frota de autobuses, formalizándose ao mesmo tempo un maior número de servizos.
HISTORIA DE LA REQUENENSE
1990. Autobuses Alsina absorbe a compañía
Don José Antonio Pérez Salamero, que se fixo cargo da empresa en 1985, mentres era director do Banco Exterior de España en Panamá, vendeu todas as súas accións a Autobuses Alsina, empresa que á súa vez, despois dalgúns anos, se incorporaría a Monbus.
HISTORIA DE CASTROMIL
1917. Evaristo Castromil, o fundador
A empresa comeza a súa andaina da man de Evaristo Castromil na cidade de Santiago de Compostela cunha frota de 6 autocares. Por aquela época, as distintas empresas podían operar nas mesmas rutas, co que a competencia estaba á orde do día.
HISTORIA DE CASTROMIL
1924. Materialización do mapa concesional
En xullo dese ano promulgouse a real orde pola que se regularon os servizos de pasaxeiros e mensaxería, e xa só se permitía a unha empresa ofrecer o servizo por liña. Con isto, Castromil fíxose cargo das concesións das rutas que xa facía.
HISTORIA DE CASTROMIL
1927 - 1929. Ampliación da frota de autobuses
Por aquel entón, Castromil xa tiña ao seu cargo practicamente todas as liñas que conserva na actualidade, como pode ser Compostela - Lalín ou Compostela - A Coruña. En 1929 a frota de autobuses xa contaba con 47 unidades de carrocería netamente galega. Algúns dos autobuses podían levar carga de pasaxeiros sobre o propio teito, mentres que outros tiñan butacas de madeira. Naquela época ofertaban billetes de primeira, segunda e ata terceira categoría.
HISTORIA DE CASTROMIL
1930. Asentamento en Compostela
Mércase o edificio do entón Quiqui Bar, situado na actual Praza de Galicia, para convertilo na casa central de Castromil, ata que en 1973 a empresa trasladou as súas instalacións aos arredores da cidade de Compostela. O seu asentamento definitivo no territorio galego xorde tras a adquisición das compañías Auto Industrial, Alborés, Águila Sande, Avelino Garrido e Villalón.
HISTORIA DE CASTROMIL
1950: “Contos do Castromil”
Castromil foi pioneira en bautizar os seus coches con nomes de galegos ilustres, como Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Castelao…, á vez que melloraban o trato cos viaxeiros repartindo, en cada traxecto, uns contos de viaxe titulados “Contos de Castromil”, para que o pasaxeiro gozara da súa viaxe lendo a destacados escritores da nosa terra.
A defensa e promoción da normalización lingüística do galego é algo que sempre caracterizou á compañía e debido a iso, foi premiada co Pedrón de Ouro (1993) e a medalla de Bronce de Galicia (1994).
HISTORIA DE CASTROMIL
1975. Compra da empresa Auto Industrial
A compañía Auto Industrial incorpórase a Castromil, consolidándose esta última como a maior empresa dedicada ao transporte de viaxeiros por estrada de Galicia da época.
HISTORIA DE CASTROMIL
1992 - 1994. Promoción lingüística da lingua galega
Castromil foi pioneira en bautizar os seus coches con nomes de galegos ilustres, coma Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Castelao…, á vez que melloraban o trato cos viaxeiros repartindo, en cada traxecto, uns contos de viaxe titulados “Contos de Castromil”, para que o pasaxeiro gozara da súa viaxe lendo a destacados escritores da nosa terra.
A defensa e promoción da normalización lingüística do galego é algo que sempre caracterizou á compañía e debido a iso foi premiada co Pedrón de Ouro (1993) e a medalla de Bronce de Galicia (1994).
HISTORIA DE CASTROMIL
1996. Adquisición de Águla Sande
Esta empresa operaba a liña Compostela - Cuntis - Moraña - Pontevedra supoñendo un reforzo importante para a compañía.
HISTORIA DE CASTROMIL
1999 - 2002. Incorporación a Monbus
Durante este período, prodúcense unha serie de adquisicións importantes como a de Empresa Villalón S.A, a liña da Lama - Arcade - Vigo e a liña Pontevedra - Tui e tamén adxudicacións coma a Estación de Autobuses de Padrón. Finalmente, Castromil incorpora unha frota de 160 autobuses a Monbus no ano 2002.