Alugueiro a curto prazo

Precisas axuda?

RECOLLIDA DO VEHÍCULO

DEVOLUCIÓN DO VEHÍCULO

Alugueiro a longo prazo

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Persoa de contacto

Empresa

Renting: un servizo integral de alugueiro de vehículos sen condutor

Empresa Monforte Renting nace no ano 2005 co convencemento de poder dar un servizo de calidade aos nosos clientes, grazas ao coñecemento do sector da automoción e á estrutura empresarial de Monbus.

Durante estes anos fomos medrando da man dos nosos clientes, o que permitiu posicionarnos coma unha clara e firme alternativa para todo aquel que busque un servizo de xestión de frotas eficiente, achegado e accesible.

O Renting que oferta Monbus é un servizo completo de alugueiro a longo prazo de frotas de vehículos comerciais, industriais, turismos e todoterreos. Deseñamos solucións á medida que che resultarán moi cómodas e vantaxosas, porque ademais de supoñerche un aforro financeiro, fiscal e de tempo, inclúen todos os servizos precisos para a posta en marcha e un óptimo funcionamento do vehículo.

SERVIZOS

  • Xestión de compra e posterior venda do vehículo
  • Seguro a todo risco
  • Mantemento dos vehículos
  • Reparacións
  • Substitución de pneumáticos
  • Pago de impostos
  • Xestión e pago de ITV
  • Asistencia en estrada
  • Xestión de multas
  • Xestión de accidentes

SERVIZOS OPCIONAIS

  • Recollida e devolución do vehículo para tarefas de mantemento e reparación
  • Provisión de vehículos de substitución

Alugueiro de vehículos sen condutor a longo e a curto prazo

Alugueiro de vehículos a longo prazo (Renting)

Ofrecemos un servizo de alugueiro de vehículos a longo prazo personalizado para Organismos Públicos, empresas e particulares

Deseñamos servizos adaptados a todos os orzamentos e necesidades. Non importa se se trata dun vehículo comercial ou dun coche de directivo.

O período establecido para un contrato de renting a longo prazo sitúase normalmente nun mínimo de 2 anos e un máximo de 5.

Alugueiro de vehículos a curto prazo

Inclúe os servizos necesarios para todo tipo de vehículos: turismos, industriais, 4x4... en períodos que poden comprender dende un único día ata o número de meses que determines.

Dispoñemos dunha frota de vehículos cunha antigüidade máxima de 3 anos, en perfecto estado de conservación e mantemento.

Solucións

Ademais de todos os servizos que inclúen os contratos de renting, poñemos á túa disposición outras solucións para que a túa empresa poida beneficiarse delas

Control e seguimento en tempo real da frota

  • policía local

O noso servizo avanzado de localización por GPS axudarache a ter un control total sobre a frota:

  • Non perdas de vista a situación xeográfica de cada vehículo en tempo real e sempre que o precises.
  • Identifica as rutas e saca informes de seguemento da frota.
  • Configura de xeito sinxelo completos sistemas de notificación en función da hora de chegada, saída ou estacionamento en situacións concretas, etc.

Programa de aforro de combustible

  • ahorro de ahorro de combustible

A través deste paquete opcional poderás extraer informes mensuais personalizados para poder avaliar a eficiencia na condución do teu modelo en base a diferentes criterios (tratamento do motor, tempo de ralentí, freadas, etc.).

A maiores poderás optar a servizos de formación para condutores cos que poder incidir en aspectos críticos para maximizar o aforro de combustible (por riba do 15% nalgúns casos).

Consultoría. Asesoramento integral a medida

  • consultoría

Contacta connosco para recibir asesoramento integral a medida.

Analizamos as necesidades da túa empresa e propoñémosche unha solución estratéxica que responda ás túas expectativas.

Contacto

Podes contactar directamente coa División de Renting de Monbus a través dos seguintes medios:

Teléfono: +34 982 29 29 04 Fax: +34 982 81 05 08 Email: renting@monbus.es

Tamén podes solicitar un orzamento personalizado cubrindo o seguinte formulario