FROTA
TURISMOS
Contamos cunha moderna frota de turismos de luxo destinados ao alugueiro con condutor cuxa idade media non supera os dous anos. Escolle entre Mercedes Clase S, Audi A6, Peugeot 607, Mercedes Vito/Viano...
Vehículos de alta gama en alugueiro con condutor
Mercedes Clase S
Posiblemente o mellor automóbil do mundo. Calidade superlativa e imaxe exclusiva. Dotado dos máis modernos sistemas de seguridade e confort, o Mercedes Clase S é toda unha garantía, tanto se se trata de curtos percorridos coma de longas distancias.
Nº prazas: 3 / Equipaxe: 4
Audi A6
Pensado para aquelas persoas que queiran gozar da súa viaxe, tanto se se trata de traballo ou lecer. O Audi A6 caracterízase pola súa suavidade de marcha, o seu confort e ampla capacidade.
Nº prazas: 3 / Equipaxe: 3
Monovolume Mercedes Viano - Vito
Mercedes-Benz, nas súas versións Viano e Vito, é un vehículo que destaca pola súa amplitude e comodidade, o que o fai ideal para gozar dunha viaxe en familia, con amigos e colegas de negocios. Grazas aos seus grandes cristais tintados acádase unha ampla visibilidade e ao mesmo tempo un extra de privacidade.
Nº prazas: 7-8 / Equipaxe: 6
ELEMENTOS DE CONFORT OPCIONAIS
Se o desexas, podes contratar servizo de bebidas frías e de prensa diaria ou revistas para calquera tipo de vehículo.
Vehículos de alugueiro a longo prazo (Renting)
Na actualidade dispoñemos dunha frota de máis de 1.000 vehículos entre turismos, todoterreos e industriais, distribuídos por todo o territorio nacional, dando cobertura a clientes do sector público e privado.