Máis do 50% da frota Monbus xa ten Wifi
Coa recente renovación da frota de autobuses e a ampliación e mellora dos servizos de internet inalámbrica a bordo dos mesmos, Monbus consolídase como unha das empresas de transporte de viaxeiros máis nova e tecnoloxicamente avanzada de España.
En concreto, a adquisición de novos dispositivos incrementa o número de autocares que dispoñen de servizo Wifi ata 256 vehículos, o que significa que máis de metade da frota de autocares interurbanos de Monbus están equipados con Wifi gratuita.
Os últimos sistemas SAE implantados na frota de autobuses Monbus, incrementan substancialmente a calidade de servizo de conexión Wifi, ao que se suma as prestacións de cinturóns de seguridade, cómodas butacas, enchufes individuais e aseos WC, de forma que os pasaxeiros poden conectar os seus dispositivos á Web para facer un traxecto máis confortable e seguro.
Proximamente seguiremos aumentando a implementación da tecnoloxía SAE mellorando, ademais do servizo discrecional, a posibilidade de xestionar mellor o servizo de alugueiro de vehículos sen condutor, así como a mellora nas múltiples liñas regulares a diferentes destinos.