Un ano máis, Monbus presente en FITUR
Un ano máis, e con este xa van 36, IFEMA abre as súas portas, do 20 ao 24 de xaneiro, para acoller unha nova edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) e, como ven sendo habitual desde 2014, Monbus repite presenza en calidade de empresa expositora cun stand (C01) no pavillón 8, compartindo espazo co seu colaborador InterRías.
Por outra parte, Monbus é a empresa concesionaria dos servizos de transporte discrecional do evento, labor que ven realizando por 5º ano consecutivo.
Esta edición celébrase no marco dunha recuperación do sector turístico español, tendencia que se confirma co incremento dun 8% de empresas expositoras, ata alcanzar a cifra de 9.500 entidades de 165 países, feito que evidencia a relevancia internacional da feira.
De entre os 60.000 metros cadrados de superficie, Monbus recreou un espazo no que destaca a presenza dun moderno autobús da súa frota, o modelo ComfortClass S517 HD, pertencente á prestixiosa marca alemá Setra, equipado con modernos sistemas de seguridade, tales como o sistema avanzado de freado de emerxencia (AEBS), orientado ao freado ante obstáculos inmóbiles ou en marcha, o detector de carril ou sistema SPA e cinturóns de seguridade.
O vehículo foi deseñado para ofrecer o máximo confort aos usuarios, destacando os seguintes elementos:
- Butacas Confort Plus con cabezal de polipel.
- Enchufes de corrente e conexión USB en cada asento.
- Iluminación LED individual.
- Butaca con repousapés, revisteiro e mesas abatibles.
- Neveira.
- Aseos WC.
Ademais de poder acceder ao interior do autobús, os visitantes que se acheguen ao stand de Monbus serán atendidos en todo momento por persoal da compañía, os cales proporcionarán información detallada acerca dos servizos ofertados; desde o servizo de liña regular, pasando polo servizo discrecional ata alcanzar o servizo de renting de vehículos. Completando este labor informativo, os visitantes tamén teñen á súa disposición material audiovisual.
Todo iso compleméntase con degustacións de produtos típicos e bebidas galegas, así como xamón serrano de Salamanca, sendo este un exclusivo servizo para os clientes de Monbus.
En canto ao traslado de grupos a FITUR, a empresa seleccionou de entre a súa novidosa frota modernos autocares como:
- Nogebus Mercedes - Benz Sprinter 519
- Setra S419 GTHD
- Ayats Bravo IR e Setra S431 DT: ambos de dobre piso.
Av. Partenón, 5, 28042. Madrid