Monbus, na Copa do Rei Baloncesto 2016
23 anos despois, a Copa do Rei de Baloncesto volve a terras galegas, concretamente a sede oficial da Copa do Rei de Baloncesto 2016 é na Coruña.
Entre o 18 e o 21 de febreiro, o Coliseum é o lugar elexido para este evento deportivo que deixará unha lembranza para a historia. Recentemente renovado para a ocasión, o Coliseum coruñés convertirase no epicentro do baloncesto español, cun aforo de ata 10.000 persoas, das cales 6.000 son afeccionados desprazados. Non hai dúbida de que o fenómeno da Copa do Rei de Baloncesto, na súa 80ª edición, medra cada ano en afección e impacto.
Proba diso é que, en tan só 6 días, esgotáronse todas as entradas postas á venda, feito sen precedentes na historia da competición.
Por outro lado, esta será a Copa do Rei máis mediática ata a data, con máis de 400 periodistas acreditados no Coliseum, 3,5 quilómetros de cable para medios audiovisuais ,3 quilómetros de fibra óptica para conexión Wi-Fi e unha retransmisión televisada a máis de 70 países.
Esta edición conta, ademais, coa colaboración de Monbus como empresa encargada dos servizos de transporte discrecional do evento; deste modo:
- Árbitros
- Directiva
- Patrocinadores
- Persoal da ACB
- Medios de comunicación
- Voluntarios
Así como os grandes protagonistas, a afección e os equipos participantes:
Todos eles serán trasladados por modernos autobuses de Monbus, entre os cales destacan modelos como Mercedes - Benz Tourismo e Setra ComfortClass S517 HD , ambos vehículos equipados coas máis altas prestacións en seguridade e confort:
- Cinturóns de seguridade
- Butacas
- Enchufes de corrente e conexión USB en cada asento
- Iluminación LED individual
- Aseos WC
Cabe sinalar outro evento asociado que tamén confiará os seus traslados a Monbus, a MiniCopa Endesa, na que equipos das categorías infantís loitarán por alzarse co título.
Polo tanto, os oito equipos participantes, entre elos o Río Natura Monbus, xogarán os cuartos e optarán á semifinal e á gran final do esperado encontro o domingo 21 de febreiro.