De viaxe con Monbus
“O teu destino, a nosa orixe”. Con este eslogan Monbus, resume a constante preocupación, dende os seus inicios, por mellorala calidade dos servizos de transporte de viaxeiros que oferta.
Esta empresa centenaria, foi adquirindo un profundo coñecemento do sector co paso dos anos, ocupando un lugar moi relevante en España e soupo manterse actualizada, sempre na vangarda da tecnoloxía, incorporando os últimos avances na súa moderna frota para poder ofrecer un servizo de calidade superior.
Así, tomando como base estes principios, as principais liñas de negocio de Monbus configúranse como un servizo integral axustado ás necesidades de cada viaxeiro: servizo de transporte regular, servizo discrecional e servizo de renting.
Monbus dispón dunha moderna e xove frota de autobuses, equipada cos últimos sistemas en materia de confort e seguridade. Deste xeito, os novos vehículos inclúen sistemas electrónicos como SPA (aviso de abandono de carril), BAS (sistema de freado de emergencia), así como cintos de seguridade, como os cintos de tres puntos do novo Castrosua Stellae, cómodas e amplias butacas, enchufes de corrente e conexión USB en cada asiento, servizo Wi-Fi gratuito, iluminación LED individual e amplios aseos WC entre outros.
De igual xeito, 1 de cada 2 vehículos son completamente accesíbeis para persoas de movilidade reducida (PMR), e equipan plataformas elevadoras mecanizadas e/o manuais,así como un espazo reservado con plazas señalizadas e perfectamente acondicionadas.
Nunha clara aposta polo susténtabel, Monbus incorporou na súa flota autobuses con motor de Gas Natural Comprimido (GNC), reducindo deste xeito as emisións contaminantes.
En suma, Monbus, a través dos seus servizos, ofrece solucións de movilidade na medida das necesidades de cada usuario, buscando no só satisfacer a demanda do servizo se non lograla máxima satisfacción no mesmo.