Monbus promove a accesibilidade
Con ocasión do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, cuxa celebración mundial ten lugar cada 3 de decembro de acordo coa resolución 47/3 da Asemblea Xeral da ONU, adoptada o 14 de outubro de 1992, coa finalidade de realizar unha chamada de atención e apoio ás persoas con discapacidade, ao mesmo tempo que promover a súa inclusión na sociedade, Monbus repasa as medidas que foi adoptando co obxectivo de proporcionar un servizo de transporte público adaptado e accesible.
Así, o esforzo levado a cabo pola empresa, reflíctese no feito de que 1 de cada 2 vehículos da frota son completamente accesibles para persoas de mobilidade reducida (PMR), termo que reúne tanto aqueles individuos que posúen algunha discapacidade relacionada coa mobilidade, como aqueles con dificultades motivadas por outras causas (anciáns, embarazadas, adultos con nenos pequenos, etc.).
Estes vehículos están equipados con plataformas elevadoras mecanizadas e/ou manuais, así como espazo reservado de modo que se garanta un número de prazas perfectamente acondicionadas e sinalizadas para persoas de mobilidade reducida en cadeira de rodas (PMRCR). Estes espazos encóntranse adecuadamente localizados, de modo a facilitar a manobra de embarque e desembarque, baixo o estrito control do conductor, debidamente formado ao respecto.
Todas estas medidas non fan máis que demostrar a preocupación da empresa por brindar un servizo adaptado e accesible ás necesidades de cada pasaxeiro, tanto no servizo de transporte regular como no relativo ao servizo discrecional.