Monbus finaliza con éxito o transporte do Viña Rock
Cun balance de 90.000 kilómetros percorridos, máis de 5.300 persoas trasladadas a bordo de 100 autobuses dende máis de 30 cidades repartidas por toda a xeografía española finaliza a operativa especial de transporte a cargo de Monbus para o Viña Rock 2016. Trátase dunha exitosa e prometedora estrea como provedor oficial dos servizos de transporte discrecional a través do convenio de colaboración firmado con Defestivales.
Así, a bordo de modernos autocares da frota de Monbus como o Castrosua Stellae, Mercedes - Benz Tourismo, Irizar I6, Noge Touring HD, Setra S517 HD..., os viñarockeiros puideron desfrutar dunha viaxe en vehículos equipados cas máis altas prestacións en materia de seguridade, accesibilidade e confort: cintos de seguridade, cómodas butacas, enchufes de corriente e conexión USB en cada asiento, servizio Wi-Fi gratuito, iluminación LED individual e amplos aseos WC, entre outros.
Polo tanto, unha vez finalizado o primeiro dos 6 grandes festivais, Monbus continúa preparando
a frota para os próximos: Festival de les Arts (Valencia), Cabo de Plata (Zahara de los Atunes), Arenal Sound (Burriana), Granada Sound (Granada) e por último, pechando a tempada, Interestelar (Sevilla).