Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

EMPRESA

OS NOSOS PRINCIPIOS

A nosa Política Interna xira ao redor da consecución dun obxectivo básico e fundamental: a satisfacción dos nosos clientes. A constante mellora da Seguridade, Calidade e Sustentabilidade forma parte do noso día a día

A nosa Política do Sistema de Xestión

Tódalas empresas adheridas a MONBUS prestan servizos que cumplen os estándares de calidade, medioambientais e de seguridade máis esixentes. Esta filosofía lévase a cabo a través de iniciativas concretas en diferentes áreas de traballo.

A NOSA MISIÓN

Seguridade

Un Transporte de Calidade para Todos

Desde as nosas orixes o noso obxectivo principal foi ofrecer un servizo de transporte seguro, confortable e puntual a todos os usuarios. Para facer de cada viaxe unha experiencia pracenteira, apostamos por unha constante modernización da frota de autobuses, poñendo así ao servizo dos nosos clientes os últimos avances en materia de seguridade e confort. Proba diso é que máis da metade dos nosos autobuses están equipados con avanzados sistemas Wi-Fi que permiten un acceso a internet gratuíto e de calidade en máis de mil rutas cada día.

Xa son 20 millóns de viaxeiros os que viaxaron con MONBUS. As enquisas de calidade revelan que un 96,8% dos mesmos volverían facelo. Seguimos traballando diariamente co obxectivo de mellorar os nosos servizos e satisfacer a todos os usuarios.

A nosa razón de ser desde os nosos inicios ata a actualidade... "O teu destino, a nosa orixe"

A NOSA MISIÓN E VALORES

A túa seguridade é a nosa prioridade

  • Seguridade

Os nosos autobuses cumpren cos máis altos estándares de seguridade. A renovada frota incorpora sistemas como o aviso de abandono de carril (SPA) e o freado de emerxencia (BAS). Esta última tecnoloxía actúa en combinación co ABS reducindo a distancia de freado en caso de emerxencia. Todos estes elementos, unidos ao sistemas de control de estabilidade (ESP), control de tracción (ASR), reparto electrónico de freado (EBD ou EBV), entre outros, permiten incrementar notablemente a calidade en temas de seguridade.

Os nosos conductores reciben formación periódicamente en materia de seguridade e contan con unha preparación óptima que os capacita para responder ante calquera situación que poida xurdir na estrada. Con un sistema ben definido de descansos e paradas na conducción, asegurámonos de que o chófer do teu autobús estea en todo momento concentrado ao volante.

Dispoñemos dunha frota moderna equipada cos últimos avances en materia de seguridade e confort.

VER CERTIFICACIÓNS

O MEDIO AMBIENTE SEMPRE PRESENTE

  • Servizo

Dentro da nosa Política Medioambiental, adaptámonos as novas medidas co fin de optimizar o noso consumo enerxético e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. Somos conscientes do cambio climático e tentamos facer todo o pósibel para reducilo noso impacto.

Ca adquisición de máis de 117 novos autocares con sistemas EURO V e EURO VI entre os anos 2014 e 2015, conseguimos reducilo impacto das emisións de CO2 por viaxeiro nun 4%. A través dunha renovación constante da frota, plantexámonos o obxetivo de reducir ata nun 24%6anos.

Os nosos empregados reciben formación en boas prácticas enerxéticas, como a correcta segregación e reciclado de residuos, a minimización do consumo de papel, a utilización preferente de luz natural, a regulación da temperatura a 20ºC, o apagado de pantallas e configuración de salvapantallas en modo "Black Screen", etc.

VER CERTIFICACIÓNS

Política de contratación

  • Medio Ambiente

A nosa Política de Contratación baséase en estándares de igualdade, sen discriminación por sexo, raza, idade ou calquera outra condición.

Na contorna laboral, o Departamento de Recursos Humanos centra os seus esforzos na conciliación da vida persoal - laboral de todos os empregados.

O noso persoal está altamente cualificada e conforma unha empresa que foi recoñecida pola Bolsa de Londres no informe 1000 compañías que inspiran Europa como unha entidade en constante expansión que impulsa a economía europea.

Se desexas inscribirche nalgunha das nosas ofertas de traballo, visita a nosa sección de emprego; unha vez alí poderás seleccionar o posto para o que desexas presentar a túa candidatura, cubrir o formulario correspondente e enviarnos o teu CV para poder participar nos nosos procesos de selección. Boa sorte.

VER CERTIFICACIÓNS

Seguridade, Calidade e Sustentabilidade son os tres piares nos que se sustenta o noso servizo, facendo pósibel unha experiencia de viaxe realmente pracenteira.

POLÍTICA DO SISTEMA DE XESTIÓN

MONFOBUS S.L. E AS EMPRESAS DE TRANSPORTE DE PERSOAS ADHERIDAS AO SISTEMA:

  • · AGUAS DEL INCIO, S.A.
  • · ALCALABUS, S.L.
  • · AUTO INDUSTRIAL, S.A.
  • · AUTOBUSES ALCALA 2010, S.L.
  • · AUTOBUSES ALSINA, S.L.
  • · AUTOBUSES DE PONTEVEDRA, S.A.
  • · AUTOBUSES URBANOS DE LUGO, S.A.
  • · AUTOS ARCADE, S.L.
  • · CASTROMIL, S.A.
  • · ELEUTERIO LÓPEZ Y CIA, S.L.
  • · EMPRESA MONFORTE, S.A.
  • · EMPRESA VILLALÓN, S.A.
  • · EMPRESA VIUDA DE J. DOMÍNGUEZ, S.L.
  • · GÓMEZ DE CASTRO, S.A.
  • · LA HISPANO IGUALADINA, S.L.
  • · MONFOBUS, S.L.
  • · MALDEASA, S.L.
  • · MONBUS LARGA DISTANCIA, S.L.U.
  • · MONBUS URBANOS, S.A.U.
  • · RÍAS ALTAS, S.A.
  • · TRANSPORTES LA UNIÓN, S.A.
  • · URBANOS DE TALAVERA, S.A.
  • · UTE ALCALABUS, S.L. - EMPRESA MONFORTE, S.A.U. - CASTROMIL, S.A.U. (UTE SERVICIO AEROBÚS)
  • · UTE EMPRESA MONFORTE, S.A.U. - CASTROMIL, S.A.U. - ALCALABUS, S.L. (UTE HORTA I GRÀCIA)
  • · UTE EMPRESA MONFORTE, S.A.U. - CASTROMIL, S.A.U. - ALCALABUS, S.L. (UTE SANT BOI)
  • · UTE HISPANO - CASTROMIL - EMSA (UTE LADO AIRE)
  • · UTE HISPANO - CASTROMIL - EMSA - TUSA - GÓMEZ - AGUAS DEL INCIO (UTE LADO TIERRA)
  • · UTE XG-623
  • · UTE XG-626
  • · VALSESA BUS, S.L.

En Monbus, como empresas adicadas ao transporte de viaxeiros por estrada, aspiramos a alcanzar a excelencia empresarial co obxectivo de proporcionar un servizo de transporte de calidade, seguro, accesible e sostible. Proba disto, a presente Política Integrada reflicte os principios que guían as nosas operacións e, en consecuencia, comprometémonos a:

● Cumprir as leis e regulacións pertinentes ás súas actividades comerciais, de forma que se asegure que as nosas operacións se adhiren rigurosamente aos requisitos legais vixentes. Ademais, asumimos a responsabilidade de respectar códigos de boas prácticas e outros compromisos voluntarios subscritos pola organización.

● Asúmese o compromiso de asignar os recursos necesarios para alcanzar os obxectivos, considerando coidadosamente os aspectos financeiros, operativos e organizativos. A empresa integrará os seus obxectivos como marco de referencia incluíndo a calidade, seguridade, o medioambiente, a responsabilidade social, a seguridade da información e as metas enerxéticas.

● Valorar as opinións dos clientes, persoal e outras partes interesadas no manexo de queixas, orientando os nosos esforzos na resolución efectiva das súas inquietudes que garantice a satisfación do cliente.

● Garantizar a protección do medio ambiente, incluida a prevención da contaminación e outros compromisos ambientais sinalados por Monbus.

● Na medida do posible, reducir ou minimizar os impactos medioambientais asociados ao desenvolvemento da nosa actividade incluíndo os consumos de hidrocarburos, as emisiones GEI, auga, enerxía e os residuos xerados.

● Promover activamente o uso e consumo racional de enerxía apoiando a adquisición de produtos, equipamento e servizos enerxeticamente eficientes e o deseño para mellorar o desempeño enerxético.

● Promover e mellorar o servizo e equipamento da frota ca finalidade de progresar no desempeño da condución eficiente.

● Proporcionar condicións de traballo seguras e saudables para a prevención de lesións e o deterioro da saúde relacionados co traballo. Así como, eliminar e reducir os perigos e riscos para a SST. Así mesmo, a empresa garantizará as opinións dos traballadores mediante a participación e consulta dos traballadores ou por medio dos seus representantes.

● Fomentar as boas prácticas de seguridade vial co obxectivo de eliminar as mortes e feridos graves en accidentes de tráfico.

● Adoptar as medidas necesarias para garantizar unha resposta eficaz ante situacións de emerxencia excepcionais e colaborar con outras entidades na elaboración de plans específicos.

● Implementar e manter na organización unha cultura do benestar, que proporcione ambientes de traballo seguros, saudables e comprometidos co entorno, promocionando estilos de vida saudables tanto nos traballadores, como na comunidade e cos seus familiares.

● Realizar e revisar periódicamente unha análise de riscos baseados en métodos recoñecidos que nos permitan establecer o nivel de seguridade da información e minimizar os riscos asociados. Así como, involucrar a todas as partes interesadas nas actividades e procedementos de seguridade da información.

● Garantizar servizos accesibles para todas as persoas e promover un entorno inclusivo, cumprindo os requisitos DALCO de accesibilidade.

● Desenvolver a actividade de forma responsable, respectando os principios de responsabilidade social descritos no código de conduta interno, así como a rendición de contas, transparencia, a igualdade de oportunidades, comportamento ético, respecto aos grupos de interese, ao principio de legalidade, á normativa internacional de comportamento e aos dereitos humanos.

Co fin de asegurar a adecuación desta política, levaranse a cabo revisións periódicas. Ademais, para garantizar o seu coñecemento por parte de todo o persoal, a política do sistema de xestión será exposta de maneira pública nas nosas instalacións. Á súa vez, estará accesible na nosa páxina web para todas as partes interesadas, permitindo a calquera persoa externa á empresa consultar a súa conveniencia.

Memoria anual RSC

Como exercicio de transparencia informativa Monbus pon ao dispor de todos os grupos de interese a memoria anual de sustentabilidade que inclúe cuestións relativas a obxectivos, o seu grao de cumprimento e os asuntos relevantes derivados das nosas decisións e actividades.

Informe de estado de Información non Financeira

A publicación do informe de estado de Información Non Financeira pretende ser un exercicio de transparencia da organización cos seus grupos de interese proporcionando información referente a cuestións ambientais, de persoal, dereitos humanos, dilixencia debida e sustentabilidade.

Memoria de xestión de queixas e suxerencias

Monbus realizou seguimento da xestión de queixas e suxerencias no noso ámbito de actuación. A estos efectos, preséntase o informe anual de queixas e suxerencias recibidas e tramitadas en base ás directrices ISO 10002.