PREGUNTAS FRECUENTES : Objetos Perdidos
Preguntas
- Que debo facer no caso de perda da equipaxe ou obxectos perdidos?
Neste caso podes formular unha reclamación no libro oficial (dilixenciado pola Administración) que se atopa á túa disposición nos vehículos que prestan os servizos e nas oficinas da empresa. Así mesmo, podes poñerte en contacto co servizo de Atención ao Cliente, a través do número de teléfono +34 982 29 29 00; ou contactar vía email a través do enderezo de correo electrónico info@monbus.es
- ¿Debe responder a empresa ante os obxectos que perdín durante o servizo de transporte?
Segundo as condicións do servizo, a vixilancia dos bultos de man corresponde ao viaxeiro ao que acompañan, polo que a empresa non se responsabiliza dos danos e/ou deterioro que poidan sufrir, nin tampouco nos casos de roubo, extravío ou perda dos mesmos.
Finalmente lembrámosche que, se o desexas, podes formular unha reclamación por estes feitos no libro oficial de reclamacións (dilixenciado pola Administración competente) que está á túa disposición nos despachos e vehículos da empresa.