PREGUNTAS FRECUENTES
Preguntas
- Para que serve o Código QR que aparece no billete impreso?
O código QR que verás no billete impreso ten unha funcionalidade para o usuario:
Ao empregar unha aplicación lectora de códigos QR e escanear o código do billete, accederás directamente á sección “Xestiona a túa Reserva” da web www.monbus.es. Aí poderás realizar todas as xestións que desexes (modificar o billete, anulalo, engadir equipaxe especial, etc.)
Para a boa lectura do código, recomendamos non dobrar o billete e conservalo en boas condicións. - Que debo facer se non recibo a confirmación por email da compra do billete?
Ponte en contacto co servizo de Atención ao Cliente, a través do número de teléfono de información acerca da venda online +34 982 29 29 00. Tamén podes contactar vía email a través da seguinte dirección de correo electrónico: info@monbus.es
- Se se ocupan todas as prazas dun autobús, a compañía está obrigada a poñer buses de reforzo?
- Quero alugar un vehículo con condutor para realizar unha viaxe en grupo, como podo facer?
Podes solicitar un presuposto sen compromiso a través do módulo situado na sección de Alugueiro de Vehículos con condutor da web. Se o desexas tamén podes finalizar este proceso de xeito sinxelo seguindo a axuda paso a paso. En canto recibamos a túa petición, poñerémonos en contacto contigo para confirmar o tipo de servizo a contratar e enviarémosche un presuposto personalizado, se así o desexas.
Tamén podes poñerte en contacto co Departamento de Contratación a través do correo info@monbus.es ou marcando o número de teléfono +34 982 29 29 00.
En todos os casos atenderémoste dunha maneira personalizada en función das túas necesidades. - Quero alugar un vehículo con condutor, con que antelación podo efectuar a reserva?
Non existe un límite de antelación á hora de efectuar a reserva, pero si é recomendable contratar o servizo polo menos con 24 - 48 horas de antelación para a correcta planificación do servizo en cuestión. Non obstante, en caso de recibir algunha solucitude en prazo inferior a 24 - 48 horas, poremos tódolos medios para poder atendela satisfactoriamente.
- Unha vez que aluguemos un servizo discrecional temos que axustarnos a un itinerario prefixado ou pola contra, podemos decidir o percorrido que mellor se adapte as nosas necesidades?
- Que equipamento terá o vehículo de alugueiro?
O equipamento do vehículo será variable en función das túas necesidades e das características contratadas (por exemplo Wi-Fi, mesas de xogo, WC, enchufes individuais, etc.).
Convidámoste a ver as características xerais dos nosos vehículos de alugueiro na nosa sección de frota da web. Poderás escoller entre modernos minibuses e autocares e coches de luxo de alugueiro con chofer. - Pódese comer e beber nos vehículos de alugueiro?
- Está permitido fumar nos vehículos de alugueiro?
- Pódese cancelar un servizo discrecional sen ningún tipo de custo?
Si, sempre e cando a cancelación se realice polo menos 48 horas de antelación. Se a anulación se realiza dentro das 24 horas anteriores ao día en que se realice o servizo, cobraráseche o 50 % do importe contratado. No caso de que anules un servizo no mesmo día en que se realice o servizo, serás penalizado cun 75% do importe contratado. Recomendámosche por tanto, que na medida do posible, teñas en conta esta circunstancia.