Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus rumbo á final da Copa do Rei

A poucas horas de dar comezo o esperado encontro entre o FC Barcelona y el Sevilla CF para disputar a final da Copa do Rei 2015/2016, cuxa 112ª edición ten coma escenario o Vicente Calderón, Monbus comeza a operativa de traslado de centos de seareiros blaugranas até o estadio Madrileño.

Os de Luis Enrique, buscan repetir a conquista do dobrete nacional por segundo ano consecutivo (Liga e Copa na mesma tempada). O Barça chega nun momento doce, coas figuras de Luis Suárez coma Pichichi da Liga e Bota de Ouro, e a de Leo Messi coma segundo máximo goleador do equipo. Os blaugranas chegan máis descansados a unha final na que o Sevilla deberá afrontar o desgaste da recente coroación coma pentacampión da Europa League. Os de Nervión deberán tirar de toda a maxia dos seus xogadores, sobre todo da das súas estrelas Gameiro e Coke, se queren impoñerse ao seu rival.

Monbus participa en este evento deportivo prestando servizo de transporte discrecional para socios do Barça, con saídas dende o Camp Nou, Lleida, Tarragona e Girona. Completando este servizo, a compañía realiza o traslado de seareiros dende a Estación de Atocha en Madrid até o Calderón.

Para esta operativa, Monbus mobilizou modernos autobuses da súa frota, entre os cales destacan modelos coma Mercedes - Benz TourismoSetra S517 HDIrizar I6Noge Touring HD, os dobre piso Ayats Bravo IR e Setra S431 DT, equipados cos últimos avances en materia de accesibilidadeseguridade e confort, tales coma cintos de seguridade, butacas Confort Plus, enchufes de corrente e conexión USB en cada asento, servizo Wi-Fi gratutito, iluminación individual e aseos WC, entre outros elementos que posibilitan unha agradable experiencia de viaxe.