Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Partido amizoso Galicia - Venezuela 2016

O estadio de Riazor da Coruña vístese de gala para recibir con orgullo o regreso da selección galega. O seu rival será nada menos que “La Vinotinto”, unha selección en constante crecemento.

O encontro enmárcase na xira que realiza a selección venezolana co obxectivo de preparar a Copa América 2016. Para a selección galega, este encontro supón un primero test despois de oito anos sen xogar, co fin de ver como encaixan os novos talentos galegos no terreo de xogo.

Os seleccionadores galegos, Míchel Salgado e Fran, confeccionaron unha selección cun notable cariz ofensivo, dato que se desprende ao observar a lista de convocados. A cantidade e calidade dos artilleiros da “mellor selección galega da historia” é digna de encomio, Iago AspasLucas PérezJoseluDenis Suárez ou Jota Peleteiro  farán as delicias do público no ataque.

A medular estará comandada pola experiencia e a creatividade de centrocampistas que son protagonistas nos seus respectivos equipos, tales coma Fran RicoDomínguez ou Mosquera.

Os encargados de contener o empuxe son xogadores novos, pero con boa bagaxe na élite do fútbol español. Hugo MalloAngeliñoJonny e Bergantiños darán forma á defensa.

Por último, os cancerbeiros serán Sergio Álvarez e Diego Mariño, ambos son xogadores contrastados que sen dúbida mostrarán o mesmo nivel que exhibiron durante a liga regular.

Por parte da selección visitante, foron convocados xogadores de primero nivel, entre os que brilla con luz propia Salomón Rondón, dianteiro de referencia na selección venezolana durante os últimos anos. O encontro promete emoción e fútbol da mellor calidade en estado puro.

Ambas as seleccións e a Federación Galega de Fútbol confían en Monbus para os seus traslados. Unha operativa especial, con máis de medio centenar de autobuses, prestará servizo á Federación para trasladar aos seus membros dende diversas localidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense.

Así, a bordo de modernos autocares da frota de Monbus tales coma Castrosua StellaeMercedes - Benz TourismoIrizar I6Noge Touring HDSetra S517 HD..., podrán gozar dunha viaxe en vehículos equipados coas máis altas prestacións en materia de seguridadeaccesibilidade e confort: cintos de seguridade, cómodas butacas, enchufes de corrente e conexión USB en cada asento, servizo Wi-Fi gratuito, iluminación LED individual e amplos aseos WC, entre outros.