Partido amizoso Galicia - Venezuela 2016
O estadio de Riazor da Coruña vístese de gala para recibir con orgullo o regreso da selección galega. O seu rival será nada menos que “La Vinotinto”, unha selección en constante crecemento.
O encontro enmárcase na xira que realiza a selección venezolana co obxectivo de preparar a Copa América 2016. Para a selección galega, este encontro supón un primero test despois de oito anos sen xogar, co fin de ver como encaixan os novos talentos galegos no terreo de xogo.
Os seleccionadores galegos, Míchel Salgado e Fran, confeccionaron unha selección cun notable cariz ofensivo, dato que se desprende ao observar a lista de convocados. A cantidade e calidade dos artilleiros da “mellor selección galega da historia” é digna de encomio, Iago Aspas, Lucas Pérez, Joselu, Denis Suárez ou Jota Peleteiro farán as delicias do público no ataque.
A medular estará comandada pola experiencia e a creatividade de centrocampistas que son protagonistas nos seus respectivos equipos, tales coma Fran Rico, Domínguez ou Mosquera.
Os encargados de contener o empuxe son xogadores novos, pero con boa bagaxe na élite do fútbol español. Hugo Mallo, Angeliño, Jonny e Bergantiños darán forma á defensa.
Por último, os cancerbeiros serán Sergio Álvarez e Diego Mariño, ambos son xogadores contrastados que sen dúbida mostrarán o mesmo nivel que exhibiron durante a liga regular.
Por parte da selección visitante, foron convocados xogadores de primero nivel, entre os que brilla con luz propia Salomón Rondón, dianteiro de referencia na selección venezolana durante os últimos anos. O encontro promete emoción e fútbol da mellor calidade en estado puro.
Ambas as seleccións e a Federación Galega de Fútbol confían en Monbus para os seus traslados. Unha operativa especial, con máis de medio centenar de autobuses, prestará servizo á Federación para trasladar aos seus membros dende diversas localidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense.
Así, a bordo de modernos autocares da frota de Monbus tales coma Castrosua Stellae, Mercedes - Benz Tourismo, Irizar I6, Noge Touring HD, Setra S517 HD..., podrán gozar dunha viaxe en vehículos equipados coas máis altas prestacións en materia de seguridade, accesibilidade e confort: cintos de seguridade, cómodas butacas, enchufes de corrente e conexión USB en cada asento, servizo Wi-Fi gratuito, iluminación LED individual e amplos aseos WC, entre outros.