Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Acordo coa Estació Náutica Costa Daurada

Monbus inicia unha estreita colaboración coa Estación Náutica Costa Daurada, da cal se poderán beneficiar tódolos usuarios das liñas regulares de Vibasa cuxo destino sexa a vila costeira catalana.

Este importante acordo suma a Estación Náutica Costa Daurada á rede de axencias de vendas de Monbus. Desde agora será posible adquirir billetes nas súas oficinas situadas trala estación de autobuses. Por outra banda, póñense a disposición dos pasaxeiros unha serie de descontos nos servizos de ocio ofertados pola Estación Náutica Costa Daurada. Con só presentalo billete co cal se viaxou, obtense un 10% de desconto en excursións en grandes catamaráns, cruceiros turísticos e no Tuna Tour (baño con atúns xigantes), e un 5% de descuento no resto de actividades.

Esta confluencia ten como fin prestar un servizo único e diferenciado aos pasaxeiros con destino Salou, así como ofrecerlles vantaxes para que pasen as súas vacacións do xeito máis satisfactorio.

Os máis modernos autocares da frota Monbus cubren, entre outros, estes servizos de transporte regular, sempre cas máximas garantías de calidade. Os autobuses están equipados cas máis altas prestacións en materia de seguridade, sustentabilidade e confort, cómodas e amplias butacas Confort Plus, aseos WC, enchufes de corriente e USB en cada asiento, servizo Wi-Fi gratuito, iluminación individual, acceso e espazo reservado para PMR e cintos de seguridade, entre outros.