Monbus renova as súas certificacións
Un ano máis, Monbus supera as visitas de seguimento das súas actuais certificacións, obtendo deste xeito a renovación das mesmas, sendo este un obxectivo fundamental que ven a reforzar a relevancia dun dos seus valores estratéxicos corporativos, a calidade do servizo.
Istos certificados son a materialización do cumprimento dunha serie de estándares internacionais referidos á xestión en materia medioambiental (ISO 14001, ISO 14064-1, ISO 50001), calidade (ISO 9001, UNE-EN 13816, UNE 93200) e por último, seguridade (ISO 39001, OHSAS 18001), encontrándose en proceso de renovación a norma CSEAA, referida á Certificación de Seguridade de Empresas de Autobuses e Autocares desenvolta e validada polo Instituto Universitario de Investigación do Automóbil (INSIA).
Asimesmo, cabe destacar o firme compromiso de Monbus en canto a certificar o próximo ano a norma UNE 170001-1 relativa á Accesibilidade Universal e á norma EA0050 referida ao Sistema de Xestión de Conducción Eficiente.
Completando o seu compromiso, a empresa realiza anualmente o cálculo da Pegada de Carbono de tódala súa actividade, sendo verificada por unha entidade externa conforme á ISO 14064-1, Conseguindo ata o momento o seu obxectivo de redución de emisións.
Con todo elo, Monbus mostra de novo o seu firme compromiso da man das 22 empresas certificadas do grupo Monbus, sempre co afán da búsqueda da mellora da satisfacción de clientes, a protección do medio ambiente e a máxima seguridade do servizo ofrecido nas súas principais liñas de negocio: servizo de liña regular, servizo discrecional e servizo de renting de vehículos.