Monbus, unha empresa que impulsa a Europa
Monbus foi recoñecido pola Bolsa de Londres (London Stock Exchange Group) ao ser incluido no informe 1000 compañías que inspiran Europa que resalta a labor das empresas de todo o continente coma motor de crecemento da economía europea.
Esta primeira edición do documento destaca o papel de 75 empresas españolas cunha forte tasa de crecemento anual como dinamizadoras do desenvolvemento económico en Europa.
Desta maneira, Monbus ve recoñecida a súa labor como empresa vinculada ao transporte de viaxeiros por estrada; esforzo que se materializou na súa actual posición como líder do sector de entre tódalas empresas compostas íntegramente por capital nacional español.
Así, a través das súas principais liñas de negocios, servizo de transporte regular, servizo de transporte discrecional e servizo de renting, así como da súa moderna frota, equipada coas máis altas prestacións en materia de seguridade, sostenibilidade e confort, cómodas e amplas butacas Confort Plus, aseos WC, enchufes de corrente e USB en cada asento, servizo Wi-Fi gratuito, iluminación individual, acceso e espazo reservado para PMR e cintos de seguridade, entre outros, Monbus ofrece un servizo onde a calidade se erixe como obxectivo estratéxico fundamental.