Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

PREGUNTAS FRECUENTES : Compra de billetes

Cal é a túa pregunta?

Preguntas

  • É preciso que merque o billete cunha antelación determinada ou podo adquirilo no punto de venda antes da saída do servizo?

    Podes adquirir os billetes dende o momento en que se poñan á venda, sen que sexa imprescindible que os merques cunha antelación determinada. Non obstante, é importante que teñas en conta que:

    • - Os puntos de venda físicos só despacharán billetes en horario de atención ao público (Ver localización e horarios dos nosos despachos de billetes e axencias aquí).
    • - que a venda de billetes no despacho pecharase para un servizo determinado nos seguintes casos:  
                  - cando se esgoten as prazas dispoñibles para ese servizo
                  - en calquera caso cando falten cinco minutos para a saída do servizo. 

    Polo tanto, recomendámosche que merques o billete con certa antelación para evitar problemas de dispoñibilidade de prazas, especialmente nos traxectos de longo percorrido.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Como e onde podo mercar o meu billete?

    Como norma xeral, existen varias opcións á hora de mercar un billete:

    - A través da nosa páxina web www.monbus.es, sempre que o servizo seleccionado teña habilitada a venda online.
    Nos despachos de billetes, oficinas e axencias. Consulta aquí o horario e a situación dos nosos puntos de venda.
    - No propio autobús, a través do condutor e sempre que estea dispoñible a venda en ruta.
    - A través de axencias de viaxes, (principalmente para liñas regulares de longo percorrido).
    - A través de máquinas expendedoras automáticas naqueles lugares (a bordo dos vehículos ou nas Estacións de Autobuses) onde estean instaladas.

    Para saber que tipo ou tipos  de venda están habilitados nalgún servizo concreto, unicamente debes fixarte no panel de expedicións que mostramos para esa ruta durante o proceso de compra ou de consulta de horarios  da páxina web.

    Na sección “OPCIÓNS DE COMPRA” mostrámosche todas as formas que tes para mercar billetes na ruta e a data seleccionadas.
    Se a ruta que seleccionaches ten habilitada a opción de compra online mostrarase o botón MERCAR, sempre e cando non se esgotasen as prazas dispoñibles (COMPLETO), o vehículo non iniciase o servizo (EN TRÁNSITO) ou xa o realizase (FINALIZADO).

    Tanto se a venda online estivese dispoñible coma se non, podes consultar todas as alternativas de compra facendo clic no enlace "Ver máis opcións de compra" ou sobre as iconas mostradas (Despacho, Venda en Ruta, Axencias...).

    Tamén podes solicitar esta información tanto nos despachos, coma a través do teléfono de Atención ao Cliente.

     

    • e-preciso-que-merque-o-billete-cunha-antelacion-determinada-ou-podo-adquirilo-no-punto-de-venda-antes-da-saida-do-servizo
    • e-preciso-que-merque-o-billete-cunha-antelacion-determinada-ou-podo-adquirilo-no-punto-de-venda-antes-da-saida-do-servizo
    • e-preciso-que-merque-o-billete-cunha-antelacion-determinada-ou-podo-adquirilo-no-punto-de-venda-antes-da-saida-do-servizo
    • e-preciso-que-merque-o-billete-cunha-antelacion-determinada-ou-podo-adquirilo-no-punto-de-venda-antes-da-saida-do-servizo

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Podo escoller os asentos que queira na miña viaxe en autobús?

    Podes seleccionar os asentos que desexes dentro dos dispoñibles no momento da compra. En calquera caso, é importante que saibas que, só se pode seleccionar o asento en aquelas expedicións que teñan habilitada esta opción, algo que poderás comprobar no proceso de compra.

    • e-preciso-que-merque-o-billete-cunha-antelacion-determinada-ou-podo-adquirilo-no-punto-de-venda-antes-da-saida-do-servizo

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Adquirín o billete por internet. Que acontece se o perdo?

    Se extraviaches o teu billete impreso podes volver a imprimilo a través do módulo “Xestiona a túa Reserva” da web seguindo estes pasosDe todos os xeitos, os billetes adquiridos a través do citado portal web son nominativos, polo que poderías acudir ao despacho e solicitar unha copia do teu billete, tendo que acreditar a túa titularidade do mesmo amosando o correspondente documento de identidade. Pola contra, non se poderá imprimir unha copia do billete.
    Ten en conta ademais, que unha vez superada a hora de saída oficial da expedición, os teus billetes perderán toda validez e tampouco será posible imprimilos a través da web.

    • e-preciso-que-merque-o-billete-cunha-antelacion-determinada-ou-podo-adquirilo-no-punto-de-venda-antes-da-saida-do-servizo
    • e-preciso-que-merque-o-billete-cunha-antelacion-determinada-ou-podo-adquirilo-no-punto-de-venda-antes-da-saida-do-servizo

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Cal é o período de validez dun billete de ida e volta adquirido con volta aberta?

    A validez do billete de ida e volta para itinerarios de máis de 250 quilómetros será de seis meses a partir da data de emisión. No resto dos servizos de transporte nos que se oferte esa posibilidade, a validez dos billetes de ida e volta será de 15 días a contar dende a data da ida.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Seleccionei unha praza e quero modificala pero a aplicación non mo permite, como podo facelo?

    Se seleccionas un asento, quédase bloqueado durante un período comprendido entre 15 e 20 minutos para garantir que a praza se atope reservada durante o proceso de compra. 

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Durante o proceso de compra non me resulta posible seleccionar unha determinada data ou ruta, a que se debe?

    Se non podes vincular unha data coa orixe e destino seleccionados significa que, o servizo non está dispoñible. Isto pode suceder porque non está habilitada a venda por internet para ese servizo concreto ou porque non hai prazas dispoñibles para o mesmo. 

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Para que serve o Código QR que aparece no billete impreso?

    O código QR que verás no billete impreso ten unha funcionalidade para o usuario:

    Ao empregar unha aplicación lectora de códigos QR e escanear o código do billete, accederás directamente á sección “Xestiona a túa Reserva” da web www.monbus.es. Aí poderás realizar todas as xestións que desexes (modificar o billete, anulalo, engadir equipaxe especial, etc.)
    Para a boa lectura do código, recomendamos non dobrar o billete e conservalo en boas condicións.

     

    • e-preciso-que-merque-o-billete-cunha-antelacion-determinada-ou-podo-adquirilo-no-punto-de-venda-antes-da-saida-do-servizo

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Que debo facer se non recibo a confirmación por email da compra do billete?

    Ponte en contacto co servizo de Atención ao Cliente, a través do número de teléfono de información acerca da venda online +34 982 29 29 00. Tamén podes contactar vía email a través da seguinte dirección de correo electrónico: info@monbus.es

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.