Monbus fomenta a condución eficiente
Monbus continúa traballando polo medio ambiente e a mobilidade sostíbel a través dos seus cursos de formación integral para condutores. Deste xa se beneficiaron un total de 500 profesionais dende o ano 2011, recibindo instrución específica non só en materia de conducción eficiente, se non tamén en disciplinas como principios xerais de primeiros auxilios en servizos de transporte de viaxeiros, sistemas de recollida e análise de datos obtidos en tempo real (SAE) e relación co cliente.
Tamén se implementaron ferramientas de software a medida para a xestión e localización en tempo real da frota, que posibilitan a mellora na eficiencia enerxética a través da monitorización e rexistro de variábeis relacionadas coa condución que afectan ao consumo, como: tempos de ralentí, pisada de freno e embrague, revolucións, velocidade, etc.
A comparativa posterior destes parámetros permite identificar a través das variables condutor, tipo de vehículo e ruta, os estilos de condución máis eficientes, así como os comportamentos non desexados dende un punto de vista enerxético, de cara a plantexar unha formación individualizada aos condutores.
Estes cursos supoñen para Monbus manterse á vangarda en aspectos tan relevantes como seguridade, accesibilidade e sustentabilidade, entre outros, con vistas a optimizala experiencia de viaxe do usuario.