Monbus mobilízase contra o cambio climático
Para reforzar o seu compromiso co entorno e a súa aposta por un servizo de mobilidade sostible e de calidade, Monbus decidiu adscribirse a “1 millón de compromisos polo clima - Camiño á COP21 de París”, unha iniciativa do MInisterio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e ECODES para mobilizar a administracións públicas, empresas, entidades sociais, medios de comunicación e cidadáns en contra do cambio climático, cuxa celebración mundial ten lugar o 24 de outubro.
Con “1 millón polo clima” preténdese concienciar sobre a repercusión que os comportamentos cotiáns teñen sobre a emisión de gases de efecto invernadoiro, e lograr que a sociedade se comprometa para reducilos. Un millón é a cifra simbólica de compromisos que se espera poder presentar na Conferencia das Nacións Unidas que terá lugar en decembro de este ano en París, a COP21, co obxectivo de que representantes de 198 países cheguen a un novo acordo climático internacional que substitúa ao Protocolo de Kioto.
Aforro de recursos naturais
Realizar un mantemento adecuado dos sistemas que consomen enerxía, utilizar iluminación LED, usar sistemas de detección de presenza en zonas de paso, instalar interruptores para zonificar a iluminación, instalar sensores de luz en zonas con luz natural, minimizar o uso do stand by, comprar equipos electrodomésticos de clase A superior, incorporar sistemas de illamento na súa sede e delegacións, ou configurar o modo de aforro de enerxía dos equipos electrónicos son algunhas das medidas que Monbus estableceu para lograr un maior aforro enerxético.
Co fin de acadar unha redución do gasto de auga, Monbus instalou nas súas sedes e delegacións dispositivos aforradores de auga, sistemas eficientes de rega de xardíns, sistemas de segregación e reutilización de augas, ademais de optimizar o deseño da xardinería para que o seu mantemento requeira o menor consumo posible.
Condución eficiente
Un compromiso asumido desde hai anos por Monbus é o investimento en equipamentos destinados á monitorización da condución en parámetros de eficiencia enerxética e a formación dos seus condutores en técnicas de condución eficiente, co obxetivo de aforrar combustibles fósiles e reducir as emisións de CO2 ata nun 15%. A optimización das rutas de transporte para viaxeiros é outra aposta constante da empresa á hora de xestionar a súa frota en constante renovación.
Reciclaxe
No que respecta á reciclaxe, é práctica habitual na compañía o consumo de productos e materias primas procedentes de materiais reciclados, a reutilización de residuos dos procesos productivos, a separación e reciclaxe dos residuos, o establecemento de sistemas de ecodeseño para minimizar o uso de recursos e facilitar a reciclaxe, e a optimización do uso do papel.
Reducir a pegada de carbono
Minimizar o uso de materias primas e produtos para reducir as emisións de CO2 asociadas á súa actividade e loxística, promover o uso do transporte público, implantar sistemas de videoconferencia para evitar desprazamentos innecesarios, solicitar aos provedores a pegada de carbono dos seus produtos, traballar con provedores locais ou optimizar os sistemas de loxística son outras medidas adoptadas para lograr reducir a pegada de carbono xerada coa actividade empresarial.
Ademais, Monbus está traballando en diferentes alternativas para non só reducir, senón tamén compensar dita emisión de pegada de carbono e lograr así unha maior implicación co medio ambiente. Dita compensación será un máis dos compromisos que a empresa de transporte asumirá, coa intención de que a iniciativa de París sexa un éxito e se logre un acordo mundial para poñer freo ao cambio climático.