Monbus senta as bases do aforro enerxético
Como ven sendo habitual desde hai varios anos, o día 21 de outubro celébrase o Día Mundial do Aforro de Enerxía, un día orientado a sensibilizar á poboación acerca da necesidade de moderar o consumo enerxético con boas prácticas; por este motivo, Monbus repasa a súa política e mecanismos implantados así como a súa previsión de mellora.
Así, en materia enerxética, o grupo Monbus posúe o Certificado ISO 50001 - Sistema de Xestión da Enerxía, norma internacional que proporciona ás organizacións os requisitos con vistas á xestión e redución do consumo enerxético, o cal reverte na diminución da emisión de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI). Iso deriva do feito de que a maioría de recursos enerxéticos provén de combustibles fósiles, cuxa combustión produce os citados gases que tan perxudiciais resultan para o medio ambiente.
Entre os mecanismos adoptados nas instalacións cabe destacar:
- Iluminación: sistemas de iluminación LED en gran parte do edificio, interruptores para zonificación de áreas, sensores de luz diurna, sistemas de detección de presenza,entre outros.
- Instalación de sistemas de illamento térmico estrutural.
- Emprego da práctica totalidade de equipos informáticos con etiquetado Energy Star.
En canto ao servizo de transporte:
- Implantación de técnicas de condución eficiente.
- Renovación de frota incorporando vehículos de gas natural e vehículos con motor Euro VI.
- Iluminación LED no interior do vehículo, faros e pantallas de indicación de destino.
Todo o anteriormente descrito forma parte dunha política empresarial de profundo arraigamento na empresa da que se desprenden obxetivos de constante mellora, tales como o emprego de sistemas de iluminación LED na totalidade das áreas ou a renovación de equipos electrodomésticos con etiquetado de clase A ou superior, entre outros.
Con todo iso, Monbus mostra unha vez máis o seu firme compromiso medioambiental, nesta ocasión coa promoción da eficiencia enerxética na xestión das súas principais liñas de negocio.