Monbus planifica a Semana Santa 2016
Un ano máis, a Semana Santa, unha das celebracións relixiosas máis importantes do ano, anúnciase como un dos eventos turísticos con máis desprazamentos por estrada en España.
No período comprendido entre o 20 de Marzo, Domingo de Ramos e 27 de Marzo, Domingo de Resurrección prevense mobilizacións que cubran todo o territorio español, sendo os días correspondentes ao Triduo Pascual: Xoves, Venres e Sábado Santo, os días con maior actividade.
Na última edición de FITUR, os medios especialistas recomendaron anticipar axeitadamente a planificación das viaxes de vacacións.
Coma sempre, Monbus facilita a compra a través da súa páxina web coas seguintes funcionalidades:
- Pagamento mediante Paypal
Así, as habituais liñas de longo percorrido ofertadas pola compañía veranse reforzadas co fin de garantir a mobilidade de viaxeiros entre destinos tan populares como:
Barcelona Nord / Barcelona Sants
Desde orixes como:
- Vigo - Ourense - Benavente - Palencia - Logroño - Zaragoza - Lleida.
- Irún - San Sebastián - Andoain - Pamplona - Tudela - Lleida.
- Coria - Salamanca - Aranda de Duero - Burgo de Osma - Soria - Zaragoza - Lleida.
- Desde cidades como Irún - San Sebastián - Andoain - Pamplona - Tudela - Lleida.
Desde localidades como Badaxoz - Mérida - Don Benito - Cidade Real - Albacete - Murcia - Alacante.
Monbus mantén en constante actualización a súa moderna frota de autobuses, equipados estes con novedosos elementos en materia de seguridade, sostibilidade, accesibilidade e confort, con vistas a proporcionar un servizo excelente nos diferentes desprazamentos, tanto en liñas regulares, como en servizos discrecionais e renting.