Monbus obtén o respaldo dos seus viaxeiros
As enquisas de calidade que Monbus pon ao dispor dos seus usuarios tanto na páxina web como a través da conexión á rede Wi-Fi dos autocares demostran que a confianza nos seus servizos segue intacta. Os diferentes puntos consultados superan con nota o exame dos viaxeiros ata o punto de que un 94% dos enquisados afirman que volverían viaxar con Monbus nun futuro.
Durante o último ano foron preto de catro mil as opinións recibidas que certifican que a seguridade é un punto dos mellor valorados, alcanzando o sobresaliente: 9 de cada 10 usuarios sente satisfeito coa condución realizada durante o traxecto e considera que as condicións nas que viaxou son seguras.
Outro dos aspectos mellor valorados é a limpeza dos vehículos cun 88% de opinións positivas, xusto un punto por encima das cotas alcanzadas polo trato recibido por parte do persoal de Monbus e a climatización do autocar.
Na parte alta da escala de satisfacción aparece a oferta de horarios, frecuencias e paradas. A un 85% dos viaxeiros parécelle adecuada.
Os aspectos relacionados coa información son tamén moi importantes e igualmente ben valorados. Un 82% dos enquisados deposita a súa confianza nos horarios programados e no seu cumprimento, á vez que apuntan estar satisfeitos ou moi satisfeitos coa accesibilidade dos medios ofrecidos para a compra de billetes e a información ofrecida aos clientes sobre os roteiros.
Tamén se valora positivamente a atención recibida por parte de Monbus en canto a consultas, reclamacións e suxerencias. O 77% das respostas consideran que o servizo prestado a través da web, telefonicamente ou de forma presencial é adecuado.
Por último, a conciencia dos viaxeiros de Monbus co planeta queda tamén latente ao considerar un 85% que usando este tipo de transporte está a respectar o medio ambiente. Con todos estes datos, Monbus seguirá traballando para seguir mellorando todos os aspectos que engloban os seus servizos.