Monbus ultima os preparativos para San Fermín
Quedan apenas uns días para o comezo do San Fermín e Monbus xa finalizou os preparativos dos servizos que transportarán aos centos de visitantes ata Pamplona para gozar de 9 días da festa máis internacional e popular de España, convertida desde hai xa anos en icona a nivel mundial.
Como vén sendo habitual, Monbus ofrece reforzos nos seus servizos regulares con destino á capital de Navarra a través da súa moderna frota de autobuses, completamente equipada con elementos como butacas Confort Plus, enchufes de corrente e portos USB individuais, Wi- Fi gratis, acceso gratuíto a contido multimedia (música, series, películas) a través de pantallas táctiles individuais en prazas dianteiras ou dispositivos dos usuarios en prazas traseiras, acceso/espazo reservado para PMR, ademais de tecnoloxía punteira en materia de seguridade.
Desde orixes como Barcelona Nord, Barcelona Sants, Salou, Tarragona, Lleida, Pontevedra ou Vigo, entre outros, Monbus trasladará por centos de persoas con ganas de gozar dos Sanfermines.
Como parte do seu servizo integral, Monbus tamén ofrece transporte por medio do aluguer de vehículos con condutor e sen condutor.