Monbus ofrece servizo especial no Entroido
Achégase o Entroido e como cada ano Monbus pon en marcha unha serie de expedicións especiais con destino ás populares celebracións en Xinzo e Verín:
· 23 de febreiro: Xoves de Comadres Ourense (Parque San _Lazaro) - Verín directo.
A saída desta expedición especial realizarase ás 22:00h dende Parque San Lázaro (Ourense) cun prezo de 10€ ida/volta. Ademáis para facilitar o desprazamento, Monbus ofrece a posibilidade de utilizar este mesmo billete promocional para viaxar en calqueira horario con destino Verín o xoves 23 de febreiro.
En canto ao retorno o día 24 de febreiro, o usuario disporá de frecuentes saídas a partir das 05:00h.
· 25 - 28 de febreiro: EntroidoBus Ourense - Allariz - Xinzo de Limia.
Tanto o sábado 25 como o luns 27 de febreiro, ademais dos servizos habituais de mañá con saída da Estación de Autobuses de Ourense, parada en Allariz e destino Xinzo de Limia, Monbus reforzará especialmente as liñas que circulan pola tarde en horario 16:00h, 20:15h e 23:45h dende Ourense e 16:30h, 20:45h e 00:15h dende Allariz.
Por outro lado, as saídas para o traxecto de volta Xinzo - Allariz - Ourense o domingo 26/02/2017 e martes 28/02/2017 tendrán lugar a partir das 04:00h.
En canto ao prezo, o billete de ida/volta dende Ourense é de 7,90€ e dende Allariz, 3,55€.
Os viaxeiros interesados poden adquirir o seu billete de forma anticipada en taquilla ou ben no momento de subir ao autobús o mesmo día do evento.
Como parte desta operativa, Monbus ofrece a habitual comodidade de viaxe na súa moderna frota resultado dun avanzado equipamento en canto á accesibilidade, confort, seguridade e sostenibilidade.
Completando este servizo encóntrase a posibilidade de viaxar a Verín ou Xinzo dende calqueira outro punto, así como o aluguer de vehículos con conductor e sen conductor, de modo que integra tres opcións de transporte en función das necesidades específicas de cada usuario.