Entroido de Verín (Ourense)
Este municipio ourensán celebra do 1 ao 13 de febreiro o Entroido de Verín, declarado Festa de Interese Turístico Nacional.
Durante estes días e dende moi antigo, preténdese plasmar cun ton sarcástico os acontecementos transcorridos ao longo do ano. As rúas da vila énchense de máscaras, desfiles de carrozas e comparsas, para o gozo de habitantes e turistas. Destaca especialmente o Cigarrón, personaxe típica que anuncia o comezo das festas e que se adica a perseguir a todo aquel que se lle cruce no camiño para golpealo cun látego.
Cada día ten lugar un gran acontecemento, dende o “Xoves de Compadres” (noite de homes) ou o “Xoves de Comadres” (noite de mulleres) ao “Domingo Corredoiro”, momento no que saen por primeira vez os Cigarróns, ou o “Luns Fareleiro” no que todos os que pasen pola vila vense inmersos nunha batalla de fariña, o que lle da o sobrenome de fareleiro.
Se estás decidido a gozar dun dos entroidos máis singulares da nosa xeografía, non faltes á cita co Entroido de Verín. Podes viaxar a Verín en servicio regular dende varios puntos da península como Bilbao, San Sebastián ou Barcelona, entre outras.
Se o prefires, podes alugar un autobús para gozar destas festas co teu grupo de amigos ou alugar un coche e preparar a viaxe á túa maneira.
¡Monbus achégate a un entroido diferente! Merca o teu billete en monbus.es