Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus acude á súa habitual cita en FITUR

Arranca a  37ª edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) en IFEMA (18 - 22 de xaneiro) e Monbus, unha vez máis, está presente como empresa expositora (stand C01, pavillón 8), compartindo espazo co seu colaborador InterRías. Ademáis, por 6º ano consecutivo, Monbus é a empresa concesionaria dos servizos de transporte discrecional do evento.

Tras acadar un récord de participación o pasado ano, con 9.605 empresas expositoras de 164 países e/ou rexións, 124.659 participantes profesionais e 107.213 non profesionais, esta nova edición iníciase con previsións de superar esas cifras. Os case 62.500 metros cadrados de superficie unidos á participación de 9.672 entidades de 165 países e/ou rexións sitúan ao evento como a feira de turismo de referencia.

Neste marco, Monbus ocupa un espazo na que a figura dun dos modernos autobuses da súa frota, destaca coma principal reclamo para os visitantes. Nesta ocasión, trátase do modelo Mercedes - Benz Tourismo 16RHD equipado cos últimos avances en canto a accesibilidade (rampa eléctrica e espazos reservados para PMRSR), sostenibilidade medioambiental (motor Euro VI, BlueTec…), seguridade (cinturóns, control de estabilidade (ESP) detector de carril (SPA), sistema de freado de emerxencia AEBS...) e confort (butacas Confort Plus, iluminación LED, tomas de corrente e USB, Servizo Wi-Fi gratuito e WC, entre outros).

Como novidade, este vehículo equipa o novo servizo de entretemento a bordo de Monbus con acceso gratuito a contido multimedia (películas, series, música, internet, xogos…) por medio de pantallas táctiles en butacas dianteiras ou dende os dispositivos persoais dos usuarios (smartphones, tabletas e ordenadores) nas outras prazas.

Como ven sendo habitual, Monbus conta con persoal para ofrecer información detallada sobre os servizos ofertados: servizo de liña regularservizo discrecional e servizo de renting de vehículos.

Ademáis, os clientes de Monbus poderán disfrutar de forma exclusiva de degustacións de produtos típicos e bebidas.