Nova liña Manresa - Barcelona
Monbus, por medio da Hispano Igualadina, inaugurará o seu novo servizo de transporte regular entre a localidade de Manresa e a capital autonómica de Cataluña, Barcelona.
Estes servizos empezarán a partir do 17 de decembro, ofrecendo unha maior frecuencia ata o de agora ofertada (cun incremento do 33%). Deste xeito, as viaxes de ida entre a capital do Bages e a Cidade Condal pasarán de 27 a 36 e os de volta de 24 a 34. Estes aumentos responden ás peticións dos usuarios manresanos que atopaban o anterior servizo saturado e con escaseza de buses nas horas puntas do día. En consecuencia, ata as 07:00h sairán 7 autobuses dende Manresa, tres máis ca antes. Tamén se aumentarán os servizos entre as 09:00h e as 10:00h, así como nas últimas horas do día. Na mesma liña, Monbus aumentará o número de autobuses directos, pasando de 10 a 12. Os traxectos de fin de semana tamén serán reforzados.
A nova liña, que está adscrita ao sistema tarifario integrado da ATM (Autoritat del Transport Metropolità), contará con 3 percorridos:
Manresa - Barcelona directo: circula polos Túneles de Vallvidrera; en sentido Barcelona - Manresa circula pola C-55.
Manresa - Olesa - Barcelona.
Olesa - Barcelona.
Ver horarios en pdf adxunto.
Estes novos servizos serán operados por modernos vehículos da frota de Monbus equipados cas máis altas prestacións en materia de seguridade, accesibilidade, sustentabilidade e confort que incorporan cintos de seguridade, servizo Wi-Fi gratuito, enchufes de corriente /USB individuais, acceso e espazo reservado para PMR, luces LED, cristais extratintados e aseos WC, entre outros. Ademáis contan co Sistema de Axuda á Explotación (SAE) que permite a xeolocalización dos vehículos, así como informar en tempo real aos usuarios do tempo de chegada a destino, tempo de espera na parada, etc.
Esta nova concesión, ao igual que o resto de servizos prestados pola compañía (transporte regular, discrecional e renting), enmárcanse dentro da política habitual de Monbus baseada no seu firme compromiso por ofrecer un servizo de calidade.