Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Nova liña Manresa - Barcelona

Monbus, por medio da  Hispano Igualadina, inaugurará o seu novo servizo de  transporte regular entre a localidade de Manresa e a capital autonómica de Cataluña, Barcelona.

Estes servizos empezarán a partir do 17 de decembro, ofrecendo unha maior frecuencia ata o de agora ofertada (cun incremento do 33%). Deste xeito, as viaxes de ida entre a capital do Bages e a Cidade Condal pasarán de 27 a 36 e os de volta de 24 a 34. Estes aumentos responden ás peticións dos usuarios manresanos que atopaban o anterior servizo saturado e con escaseza de buses nas horas puntas do día. En consecuencia, ata as 07:00h sairán 7 autobuses dende Manresa, tres máis ca antes. Tamén se aumentarán os servizos entre as 09:00h e as 10:00h, así como nas últimas horas do día. Na mesma liña, Monbus aumentará o número de autobuses directos, pasando de 10 a 12. Os traxectos de fin de semana tamén serán reforzados.

A nova liña, que está adscrita ao sistema tarifario integrado da ATM (Autoritat del Transport Metropolità), contará con 3 percorridos:

Manresa - Barcelona directo:  circula polos Túneles de Vallvidrera; en sentido Barcelona - Manresa circula pola C-55.

Manresa - Olesa - Barcelona.

Olesa - Barcelona.

Ver horarios en pdf adxunto.

Estes novos servizos  serán operados por modernos vehículos da frota de Monbus equipados cas máis altas prestacións en materia de seguridade, accesibilidade, sustentabilidade e  confort que  incorporan  cintos de seguridade, servizo Wi-Fi gratuito, enchufes de corriente /USB individuais, acceso e espazo reservado para PMR, luces LED, cristais extratintados e aseos WC, entre outros. Ademáis contan co Sistema de Axuda á Explotación (SAE) que permite a xeolocalización dos vehículos, así como informar en tempo real aos usuarios do tempo de chegada a destino, tempo de espera na parada, etc.

Esta nova concesión, ao igual que o resto de servizos prestados pola compañía (transporte regular, discrecional e renting), enmárcanse dentro da política habitual de Monbus  baseada no seu firme compromiso por ofrecer un servizo de calidade.

Descargar horario en pdf