Monbus de novo no Día da Festa Nacional
Como ven sendo habitual dende o ano 2013, Monbus segueu prestando servizos de transporte discrecional con motivo do Desfile do Día da Festa Nacional celebrado o 12 de outubro en Madrid.
Nesta ocasión, unhas 3.500 personas, entre militares das Forzas Armadas e Garda Civil, participaron neste importante evento.
Uns trinta vehículos da frota de Monbus foron movilizados para o traslado de membros do Cuartel Xeral do Exército de Terra, da Garda Real, do Ministerio de Defensa e da Armada Española, ademais de outros puntos de orixe como Lleida, Toledo e Marín. Todos puideron desfrutar dunha agradable experiencia de viaxe, a bordo de modernos vehículos equipados con elementos que proporcionan alto confort e máxima seguridade: cintos de seguridade, cómodas butacas, enchufes individuais, Wi-Fi gratis e aseos WC, son algunhas das comodidades que incorporan os autobuses.
Ademais do servizo discrecional, Monbus ofrece a posibilidade de alugar vehículos sen conductor, así como múltiples liñas regulares a diferentes destinos.