PREGUNTAS FRECUENTES : Condicións do Servizo
Preguntas
- Se se ocupan todas as prazas dun autobús, a compañía está obrigada a poñer buses de reforzo?
- ¿Deben os menores utilizar cinturón de seguridade a bordo de vehículos de máis de 9 prazas?
Segundo o Real Decreto 667/2015 de 17 de xullo, en vigor a partir do 1 de outubro de 2015, nos servizos de transporte regular, os ocupantes de tres ou máis anos de idade e de estatura igual ou inferior a 135 centímetros deberán utilizar sistemas de retención infantil homologados debidamente adaptados á súa talla e peso. A cadeira homologada deberá ser traída polo responsable do menor.
Cando non se dispoña destes sistemas utilizaránse os cinturóns de seguridade do vehículo, sempre que sexan axeitados á súa talla e peso. Esta obriga non será esixible segundo a normativa vixente naqueles vehículos que non teñan instalados cinturóns de seguridade.
- Que documentación debo presentar na viaxe?
En traxectos nacionais non é necesario aportar ningún tipo de documentación salvo o localizador do billete. Sólo será preciso nos seguintes casos:
- Se o teu billete vai asociado a tarifas especiais coma “Carnet Xoven” e “Máis de 65 anos”, precisarás presentar o documento de identidade que che acredite como beneficiario da tarifa.
- Se o teu billete leva aplicado un desconto nominativo (Familia Numerosa, Pensionista, etc.), deberás portar o teu documento de identidade e a documentación vixente que te acredite como beneficiario do desconto.
- Se viaxas con nenos menores de 3 anos, que benefícianse dun desconto, deberás presentar a documentación que os acredite como beneficiarios do desconto.
- Os menores de 12 anos que viaxen sós deberán levar,xjunto ao billete, a Autorización para a viaxe de menores sen acompañante: duplicado do Documento de Autorización firmado polo pai, nai ou tutor e selado pola empresa.
- Se viaxas coa túa mascota ou cun can de asistencia, deberás portar a documentación do animal.
A persona viaxeira deberá aportar a documentación orixinal ou unha copia compulsada da mesma. Non se admitirán fotocopias de documentos oficiais.