PREGUNTAS FRECUENTES : Equipaxe e mascotas
Preguntas
- Pódense transportar bicicletas, táboas de surf, esquís, instrumentos musicais?
Se queres transportar equipaxe especial (bicicletas, táboas de surf, esquís, etc.) nos nosos servizos recorda que:
- A posibilidade de transportar este tipo de obxectos verase supeditada á dispoñibilidade de espazo no maleteiro do vehículo.
- O máximo de unidades que se poderán transportar por vehículo será de tres, non podendo transportar máis dunha por viaxeiro.
- Deberás embalar correctamente a túa equipaxe especial para evitar deteriorar ou ensuciar a equipaxe do resto de pasaxeiros, así coma preservar o estado da túa. No caso das bicicletas, ademais de embalalas, deberás levalas coa roda dianteira desmontada.
- Deberás presentarte ao embarque cunha antelación mínima de dez minutos sobre a hora estimada de saída.
Para transportar equipaxe especial nos nosos servizos de longo percorrido deberás facturalas no momento de adquisición do billete, polo que terás que aboar a tarifa especial que se indica durante o proceso de compra na páxina web www.monbus.es.
Por outra banda, se queres transportar equipaxe especial (bicicletas, táboas de surf, esquís, etc.) nos nosos servizos de curto percorrido deberás facer una reserva a través do correo info@monbus.es ou no teléfono de atención ao cliente 900 92 91 92.
En ambos casos, se ao chegar ao embarque comprobas que non hai espazo no maleteiro para transportar algún destes obxectos, a empresa adoptará as medidas oportunas para trasladalo no seguinte servizo no que haxa espazo dispoñible, sen que teñas dereito a indemnización de ningún tipo por este cambio.
- Cal é o peso máximo permitido e o tamaño para a equipaxe convencional?
A compra do billete dache dereito a transportar gratuitamente dúas pezas de equipaxe (maleta, mochila ou bolso de viaxe) sempre e cando teñan unhas dimensións inferiores a medio metro cúbico, e non superen no seu conxunto os 30 kg., quedando excluídas as equipaxes especiais que deberás facturar de xeito independente aboando a tarifa correspondente.
- Pode viaxar a miña mascota no autobús?
Si, sempre e cando se cumpran os requisitos que se establecen nas Condicións Xerais do servizo de transporte que poderás consultar no proceso de compra. En todo caso é importante que saibas que:
- Non está permitido o transporte de animais no habitáculo dos viaxeiros, agás os cans de asistencia de persoas con discapacidade ou con trastornos diabéticos ou epilépticos a condición de que cumpra cos termos contemplados no Real Decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade
- As mascotas sempre deberán viaxar no mesmo servizo no que o faga o seu dono.
- Unicamente se admitirá unha mascota por servizo.
- A túa mascota deberá viaxar no maleteiro do vehículo e no interior dunha gaiola ou habitáculo debidamente homologado.
- O transporte do animal realizarase baixo a responsabilidade do seu dono.Se desexas obter máis información sobre os requisitos esixidos consulta as Condicións Xerais do servizo de transporte.
En servizos urbanos e metropolitanos este reglamento estará supeditada á normativa municipal.
- Viaxará segura a miña mascota no maleteiro?
No maleteiro do autocar, os animais viaxan seguros, aínda que hai que ter en conta que o seu transporte realizarase baixo a túa enteira responsabilidade e que terás que viaxar no mesmo servizo. Así mesmo, tes que presentala ao subir ao autobús en perfectas condicións de hixiene e físicas, e no interior dunha gaiola ou habitáculo debidamente homologado, exonerando á empresa transportista de calquera dano que puidera sufrir a mascota durante o transporte. En ocasións pode ser recomendable a sedación do animal para minimizar as situacións de estrés durante a viaxe.
É posible alimentar aos animais que viaxen no maleteiro cando o vehículo realice unha parada técnica?
Si, tan só debes solicitar ao condutor a apertura do maleteiro para poder acceder á gaiola ou habitáculo do animal. É recomendable nestes casos, situar a gaiola ou habitáculo nun lugar onde sexa doadamente accesible durante as paradas. - Pódense transportar vehículos de mobilidade personal no bus?
Queda prohibido o acceso aos vehículos das distintas empresas adheridas a Monbus con bicicletas e patinetes eléctricos, así como calquera outro dispositivo de mobilidade dotado de baterías eléctricas, coa única excepción dos vehículos de persoas con mobilidade reducida. Esta decisión adóptase por motivos de seguridade e dacordo co disposto no artigo 89.3 do Real Decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de Ordenación dos Transportes Terrestres e o artigo 11. 2 do Real Decreto 1428/2003, do 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación.