Pódense transportar bicicletas, táboas de surf, esquís, instrumentos musicais?
Se queres transportar equipaxe especial (bicicletas, táboas de surf, esquís, etc.) nos nosos servizos recorda que:
- A posibilidade de transportar este tipo de obxectos verase supeditada á dispoñibilidade de espazo no maleteiro do vehículo.
- O máximo de unidades que se poderán transportar por vehículo será de tres, non podendo transportar máis dunha por viaxeiro.
- Deberás embalar correctamente a túa equipaxe especial para evitar deteriorar ou ensuciar a equipaxe do resto de pasaxeiros, así coma preservar o estado da túa. No caso das bicicletas, ademais de embalalas, deberás levalas coa roda dianteira desmontada.
- Deberás presentarte ao embarque cunha antelación mínima de dez minutos sobre a hora estimada de saída.
Para transportar equipaxe especial nos nosos servizos de longo percorrido deberás facturalas no momento de adquisición do billete, polo que terás que aboar a tarifa especial que se indica durante o proceso de compra na páxina web www.monbus.es.
Por outra banda, se queres transportar equipaxe especial (bicicletas, táboas de surf, esquís, etc.) nos nosos servizos de curto percorrido deberás facer una reserva a través do correo info@monbus.es ou no teléfono de atención ao cliente 900 92 91 92.
En ambos casos, se ao chegar ao embarque comprobas que non hai espazo no maleteiro para transportar algún destes obxectos, a empresa adoptará as medidas oportunas para trasladalo no seguinte servizo no que haxa espazo dispoñible, sen que teñas dereito a indemnización de ningún tipo por este cambio.