Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Entroido de Verín (Ourense)

Este municipio ourensán celebra do 1 ao 13 de febreiro o Entroido de Verín, declarado Festa de Interese Turístico Nacional.

Durante estes días e dende moi antigo, preténdese plasmar cun ton sarcástico os acontecementos transcorridos ao longo do ano. As rúas da vila énchense de máscaras, desfiles de carrozas e comparsas, para o gozo de habitantes e turistas. Destaca especialmente o Cigarrón, personaxe típica que anuncia o comezo das festas e que se adica a perseguir a todo aquel que se lle cruce no camiño para golpealo cun látego.

Cada día ten lugar un gran acontecemento, dende o “Xoves de Compadres” (noite de homes) ou o “Xoves de Comadres” (noite de mulleres) ao  “Domingo Corredoiro”, momento no que saen por primeira vez os Cigarróns, ou o “Luns Fareleiro” no que todos os que pasen pola vila vense inmersos nunha batalla de fariña, o que lle da o sobrenome de fareleiro.

Se estás decidido a gozar dun dos entroidos máis singulares da nosa xeografía, non faltes á cita co Entroido de Verín. Podes viaxar a Verín en servicio regular dende varios puntos da península como BilbaoSan Sebastián ou Barcelona, entre outras.

Se o prefires, podes alugar un autobús para gozar destas festas co teu grupo de amigos ou alugar un coche e preparar a viaxe á túa maneira.

¡Monbus achégate a un entroido diferente! Merca o teu billete en monbus.es

Verín (Ourense)