Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Camiño de Fisterra - Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago non sempre se detén na capital compostelá. Ao chegar a Compostela, moitos peregrinos deciden proseguir a súa andaina uns 90 km máis, ata chegar ao Cabo Fisterra. Trátase dunha ruta cargada de simbolismo. A culminación do Camiño dende Compostela cara a Fisterra acredítase coa Fisterrana, que é un documento que certifica o logro acadado polo peregrino.

O Cabo Fisterra intérnase 3 km no mar. Os romanos pensaban que era o punto máis occidental de Europa, o fin da Terra, e así o bautizaron, “Finis Terrae”. Hoxe sábese que o Cabo da Rocha en Portugal e mesmo o Cabo Touriñán en Galicia, atópase máis ao Oeste. Esta peregrinación cara o occidente, seguindo o percorrido do sol, xa estaba presente no pobo celta. Según a tradición, o Apóstolo Santiago chegou a Fisterra para destruír o templo de Ara Solis, no que os pagáns rendían culto ao astro rei.

Na actualidade, o Cabo Fisterra converteuse no Final do Camiño pero non só físico, senón tamén espiritual. Unha vez alí é típico que os peregrinos realicen tres actos: de purificación, morte e resurrección. O peregrino purifica o seu corpo bañándose na praia da Langosteira. Alí deixa atrás toda a suciedade e impurezas e comeza unha nova etapa vital. Tamén é tradición a queima de prendas que se empregan durante a viaxe, como símbolo de renovación interior. No Cabo Fisterra hai dous queimadores artificiais para realizar este ritual. Por último, os peregrinos soben ao Faro para contemplar a espectacular posta de sol que este emblemático lugar ofrece os seus visitantes, o que simboliza a morte e a resurrección.

Se continuamos cara a Muxía ou de Compostela cara a Muxía directamente, sen pasar por Fisterra pódese obter tamén a Muxiana. Esta ruta xacobea, ten a súa orixe na cidade de Compostela e o seu destino no “Santuario da Virxe da Barca” e o seu entorno de "pedras santas". Conta a lenda que a Virxe chegou a Muxía nun barco de pedra para dar ánimos ao Apóstolo na súa predicación. As "pedras santas” serían os restos da embarcación coa que arribou a Virxe e atribúenselle propiedades curativas. Nesta ruta que une Fisterra e Muxía existe unha fonte na que os peregrinos tradicionalmente se lavaban antes de entrar ao santuario, como sinal de respeto e purificación.

O Camiño de Santiago é unha experiencia introspectiva a cal debería vivir polo menos unha vez na vida. Viaxa con Monbus se queres comezar o Camiño Francés dende Sarria, ou o Camiño do Norte dende Irún. Se xa chegaches a Compostela, seguro que terás unha dose extra de enerxía precisa para rematar o Camiño en Fisterra. Por iso, se decides facer esta ruta tan tradicional e simbólica podes viaxar en autobús cara a Compostela. Se o prefires, xunta aos teus familiares e amigos e solicita presuposto para o alugueiro de autobuses e organiza a viaxe ao teu xeito.