San Fermín (Pamplona)
Cada vez falta menos para a festa española por excelencia, a máis internacional, salvaxe e multitudinaria. Seguro que xa soñades con escoitar o mítico chupinazo, detonación de saída seguida de 9 días de esmorga sen igual. Seguro que xa podes sentir o balanceo, a calor e a alegría que transmite a marea humana que tingue de branco e vermello a Praza Consistorial.
A celebración comeza a súa andaina na idade Media e a súa fama mundial, en parte, débese ao grande Ernest Hemingway, gran valedor do evento máis alá das nosas fronteiras. É unha festa que se vive plenamente polas rúas, entre música, alegría, bebidas espirituosas, charangas, encerros e moita troula.
Todo comeza ás 12.00 h o día 6 de xullo co estrondo que produce o famoso chupinazo. A explosión deste foguete artesanal fai estalar de xúbilo ao xentío e é entón cando se coloca, por fin, o pano vermello ao pescozo, ao berro de “Viva San Fermín!, Gora San Fermín!” Comeza a troula...
Outro dos actos centrais dos Sanfermines son los famosos encerros, que consisten en conducir á manada de touros dende os currais de Santo Domingo ata a praza. A tensión, a emoción, esa sensación de perigo e os nervios son palpables nos minutos previos a que os hastados comecen a súa carreira entre os corredores ao longo do escaso quilómetro que dura o percorrido. É tradición que os mozos pamplonicas invoquen ao Santo Xusto antes do comezo, cun canto que repiten ata en tres ocasións para pedir a súa protección durante o percorrido, momento moi inquietante.
O famoso riau riau é outro importante episodio desta festa. A aglomeración de cantantes desta charanga fai que, unha distancia inferior a medio quilómetro, tarde en ser percorrida varias horas.
A cabalería (zaldikos), os xigantes e cabezudos (kikilis), os foguetes artificiais, a saída dos clubs, o concerto da coral da cámara de Pamplona, a procesión do santo, as corridas taurinas e moitas outras actividades completan a oferta desta celebración, xa de proporcións épicas.
A tristeza apoderarase dos vosos corazóns cando escoitedes o “Pobre de mí” poñendo fin a esta edición. Tocará esperar ao “chupinazo” do ano seguiente. Pero non todo ían ser malas noticias, pois poderás pasar a túa viaxe de retorno descansando tranquilamente, xa que Monbus encárgase da viaxe por ti.
A Pamplona temos de ir! e con Monbus irás de xeito sinxelo, seguro, cómodo e económico. Levámoste a Pamplona en autocar de liña regular dende Barcelona (Sants) ou Barcelona (Nord), dende Tarragona, Salou ou Lleida. Existen moitas outras combinacións. Descobre todas as nosas rutas con destino a Pamplona. Quizais prefiras viaxar ao teu xeito co teu grupo de amigos e contratar un servizo discrecional ou alugar un coche.
Organiza a túa viaxe en monbus.es.