Camiño Francés (Sarria) - Camiño de Santiago
O Camiño Francés a Santiago de Compostela é a ruta xacobea con maior tradición histórica e a máis coñecida internacionalmente.
Tamén coñecido como Camiño Real fixouse a finais do S.XI a través do norte peninsular e trátase dunha ruta de 800 km dende a localidade francesa de Saint Jean Pied de Port ata Santiago de Compostela a través de catro vías principais. As principais rutas do camiño descríbense no quinto libro do Códice Calixtino (Codex Calixtinus), que constituía unha auténtica guía de peregrinación a Santiago. Tres de elas (París-Tours, Vézelay-Limoges e Le Puy-Conques) chegan a España por Roncesvalles, en Navarra. A cuarta (Arles-Toulouse) entra polos Pirineos, polo porto de Somport, e continúa por Aragón. Os dous itinerarios únense na Ponte La Reina, en Navarra.
Tras percorrer numerosos municipios e cidades coma Logroño, Burgos, León ou Astorga, o Camiño Francés entra en Galicia polo Bierzo.
Sarria, na provincia de Lugo, é o punto de inicio mínimo necesario para conseguir a "Compostela". Para obtela é obligatorio acreditar que se recorreu a pé polo menos 100 qm, é por iso que o municipio sarriano é, sen lugar a dúbidas, a localidade onde maior número de peregrinos inician o Camiño de Santiago. Aínda que se trata dun recorrido curto, de apenas catro ou cinco días a pé, os camiñantes poden vivir igualmente a esencia e o espíritu do Camiño que calou tan fondo en moita xente.
Podes viaxar a Sarria en autobús dende Santiago de Compostela con conexións todos os días do ano e con parada no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro e tamén dende Lugo, con numerosas viaxes ao día. Esta misma ruta conecta Santiago con puntos tan importantes como O Cebreiro, Portomarín ou Palas de Rei. Podes mercar o teu billete online con ata un mes de antelación na nosa web e planificar o teu camiño con toda a tranquilidade.
Sitios máis top
Consulta os lugares máis emblemáticos do Camiño Francés e non deixes nada na túa lista de pendentes:
- O Cebreiro: primer pobo do Camiño en Galicia destaca polas súas pintorescas pallozas e a súa igrexa prerrománica.
- Triacastela: unha pequena vila onde poderás visitar a histórica igrexa de Santiago.
- Monasterio de Samos: monasterio benedictino do século VI de gran influencia social e relixiosa.
- Portomarín: precioso pobo á veira do río.
- Palas de Rei: O Castelo de Pambre e o Pazo de Ulloa non poden faltar no teu itinerario.
- Melide: en todos os lugares cómese ben, pero Melide lévase a palma.
Se queres gozar dunha experiencia inolvidable e tradicional, o Camiño Francés é o teu itinerario perfecto para vivilo coma un auténtico peregrino.