Monbus celebra 100 anos de Hispano Igualadina
Hispano Igualadina, empresa adherida a Monbus dende o ano 2009, cumple 100 anos de historia no sector do transporte de viaxeiros dende a súa fundación, alá polo ano 1916,por Josep Queralt Martí.
Dende aquela, a compañía, que debe o seu nome á asociación daquelas ca famosa marca de vehículos Hispano - Suiza e a localidade que o viu nacer, Igualada, foi incrementando a súa área de influencia ao adquirir concesións para o transporte de viaxeiros entre diversas localidades de Cataluña (Tarragona, Martorell, Vilafranca del Penedés…). Así ata chegar ao ano 2009, data na cal Hispano Igualadina pasa a formar parte de Monbus, prestando na actualidade servizos de transporte urbano (Abrera, Esparreguera e Vilafranca del Penedés) e transporte metropolitano en Barcelona e Tarragona.
Polo tanto, La Hispano Igualadina, baixo o paraugas de Monbus, reflicte exactamente os valores e obxectivos que moven ao grupo que parten dunha dilatada experiencia no sector e se concretan en materia de sustentabilidade, seguridade, accesibilidade e calidade. Estos son pilares que asentan as bases dun servizo de transporte centenario, que non entran en coflicto co concepto de empresa vangardista preocupada por incorporar á súa moderna frota a última tecnoloxía en canto a confort e seguridade.