Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus firme no seu compromiso medioambiental

Coa chegada de 4 autobuses MAN con carrocería Castrosua, de Gas Natural Comprimido (GNC), destinados ao servizo urbano de Alcalá de Henares, xestionado por Alcalabus, empresa adherida a Monbus, complétase así a modernización de frota levada a cabo ao longo do ano 2015. Iso supuxo a incorporación de 57 novos vehículos, entre os que se encontran modelos como:

- Castrosua Stellae

- Mercedes - Benz Tourismo 16RH, 16RHD e 16 RHD6.

- Noge Touring HD 12960 con bastidor Mercedes Benz OC500.

- Mercedes - Benz Sprinter con carrocería Nogebus e carrocería Autocuby (ambas con motor GNC).

- Mercedes - Benz Citaro K.

Nesta ocasión, os autocares de Gas Natural Vehicular recibidos son o resultado de xuntar 2 grandes empresas do sector: por un lado, o bastidor pertencente ao modelo Lion´s City de MAN e, por outro, a carrocería City Versus de Castrosua.

Con estas unidades, a empresa reafirma o seu compromiso medioambiental e a súa aposta pola mobilidade sostible, xa que os vehículos incorporan o motor MAN E2876 de GNC, tamén chamado Gas Natural Vehicular,  cuxa emisión de gases é considerablemente inferior aos valores que a Normativa Euro VI establece como límite. Do mesmo xeito, as certificacións xa obtidas conforme as normas ISO 50001 e ISO 14064, relativas á xestión do gasto enerxético e á redución da emisión de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), afianzan este compromiso.

Ademáis de representar unha alternativa sostible para a cidade, estes vehículos son altamente accesibles para persoas de mobilidade reducida (PMR) xa que, entre outras funcións, incorpora a función Kneeling (axeonllamento), consistente nunha baixada da suspensión para axustar a altura das portas do vehículo. E tamén:

- Rampa eléctrica e manual.

- Chan antideslizante.  

- Butacas para PMR (identificadas con diferente tonalidade de tapizado).

- Espazo reservado para persoas de mobilidade reducida en cadeira de rodas (PMRSR).

A incorporación destes autocares a Monbus incrementa a accesibilidade da frota, evidenciando a responsabilidade adquirida pola empresa nesta materia.  

Todos estes valores fanse extensibles ás principais liñas de negocio da compañía: o servizo de liña regular, o servizo discrecional e o servizo de renting de vehículos.