De Irún a Salou, cada día con Monbus
Monbus, da man de Vibasa, amplía a súa oferta de traxectos para este outono co lanzamento dun novo servizo con frecuencia diaria que, desde o 5 de outubro e ata o 18 de decembro, unirá diferentes localidades do País Vasco e Navarra con Cataluña. En concreto, viaxeiros de cidades como Irún, San Sebastián, Andoain, Pamplona ou Tudela poden desprazarse calquera día da semana a destinos como Lleida, Tarragona ou Salou.
Deste modo, esta liña, cuxa orixe se sitúa en Irún ás 06:45h da mañá e finaliza en Salou ás 14:00h, realiza o traxecto Irún - San Sebastián - Andoain - Pamplona - Tudela - Lleida - Montblanc - Tarragona - Salou, tódolos días da semana a excepción do sábado, día en que non realiza o servizo completo de ida e volta no mesmo día, mantendo, iso sí, o mesmo horario de saída desde a orixe (06:45h) e chegada a destino (14:00h).
En canto ao traxecto de volta, este parte de Salou ás 15:40h da tarde, percorre no sentido inverso as mesmas cidades, para, finalmente, alcanzar Irún ás 23:00h da noite. Porén, a expedición do sábado, á diferenza da que opera o resto da semana, sae de Salou ás 09:15 da mañá, para chegar a Irún ás 16:35h da tarde.
Como é habitual, Monbus, en liña coa súa preocupación por ofrecer unha experiencia de viaxe altamente pracenteira, coida ao máximo o confort e seguridade do usuario cunha novísima frota constantemente renovada que conta con elementos tales como cintos de seguridade, cómodos asentos, enchufes individuais, Wi-Fi gratis e aseos WC, entre outros.
Ademais deste novo servizo, a empresa completa a súa oferta outonal con múltiples liñas regulares a diferentes destinos entre os que se encontra igualmente Salou, entre outras moitas localidades.