PAMPLONA - SALOU - Ofertas de autobús
Nunca a costa e o sol estiveron tan preto de ti. Agora podes comprar o Bono Ilimitado10 e viaxar gratis e cantas veces queiras de Pamplona a Salou!
Fermosas praias urbanas e os paseos marítimos e calas tranquilas distribuídas en 14 km de costa fan de Salou o destino vacacional por excelencia da Costa Daurada. A Cala Font ou a Cala Llengüadets son as mellores opcións para os que buscan fuxir do bulicio turístico. Trátase de pequenas praias de area fina e de augas tranquilas e que as fai perfectas para practicar snorkel. Pola contra, se buscas a conxugación perfecta entre cidade e area, a túa elección é sen dúbida a Playa Llevant.
Non só é a forma máis económica de viaxar entre ambas cidades, se non que tamén é cómoda e segura grazas á moderna frota de Monbus equipada con cintos de seguridade, ancoraxes ISOFIX, butacas Confort Plus, aseos WC, etc. Disporás a maiores dun servizo Wi-Fi gratuíto de alto caudal de datos e enchufes de corrente/USB en cada asento. Ademais, nos novos vehículos disfrutarás de acceso a contido multimedia gratuíto (música, series, películas…) a través de pantallas táctiles individuais en prazas dianteiras e dos propios dispositivos dos usuarios (smartphones, tabletas e ordenadores) en prazas traseiras.
Lembra que co Bono Ilimitado de Monbus tamén podes facer a ruta en sentido oposto (Salou - Pamplona) ou viaxar cara a Salou dende diferentes lugares de orixe coma Irún, San Sebastián ou Tudela.