Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

De Irún a Salou, cada día con Monbus

Monbus, da man de Vibasa, amplía a súa oferta de traxectos para este outono co lanzamento dun novo servizo con frecuencia diaria que, desde o 5 de outubro e ata o 18 de decembro, unirá diferentes localidades do País Vasco e Navarra con Cataluña. En concreto, viaxeiros de cidades como Irún, San Sebastián, Andoain, Pamplona ou Tudela  poden desprazarse calquera día da semana a destinos como Lleida, Tarragona ou Salou.

Deste modo, esta liña, cuxa orixe se sitúa en Irún ás 06:45h da mañá e finaliza en Salou ás 14:00h,  realiza o traxecto  Irún - San Sebastián - Andoain - Pamplona -  Tudela - Lleida - Montblanc - Tarragona - Salou,  tódolos días da semana a excepción do sábado, día en que non realiza o servizo completo de ida e volta no mesmo día, mantendo, iso sí, o mesmo horario de saída desde a orixe (06:45h) e chegada a destino (14:00h).  

En canto ao traxecto de volta, este parte de Salou ás 15:40h da tarde, percorre no sentido inverso as mesmas cidades, para,  finalmente, alcanzar Irún ás 23:00h da noite.  Porén, a expedición do sábado, á diferenza da que opera o resto da semana, sae de Salou ás 09:15 da mañá, para chegar a Irún ás 16:35h da tarde.

Como é habitual, Monbus, en liña coa súa preocupación por ofrecer unha experiencia de viaxe altamente pracenteira, coida ao máximo o confort e seguridade do usuario cunha novísima frota constantemente renovada que conta con elementos tales como cintos de seguridade, cómodos asentos, enchufes individuais, Wi-Fi gratis e aseos WC, entre outros.

Ademais deste novo servizo, a empresa completa a súa oferta outonal con múltiples liñas regulares a diferentes destinos entre os que se encontra igualmente Salou, entre outras moitas localidades.