Monbus aposta pola mobilidade sostible
Unha vez máis, Monbus demostra o seu compromiso co medioambiente, neste caso coa incorporación de 6 minibuses que empregan combustibles que reducen considerablemente a porcentaxe de gases nocivos emitidos, tales como hidrocarburos (HC), monóxido de carbono (CO) e dióxido de carbono (CO2), entre outros.
En particular Monbus decantouse polos motores de Gas Natural Comprimido (GNC), tamén chamado Gas Natural Vehicular (GNV), cuxa principal característica é a minimización das emisións contaminantes, o que o converte nunha excelente alternativa aos combustibles tradicionais.
Deste modo, a renovación da frota levada a cabo ao longo do ano 2015, integra modelos de minibuses como 2 Mercedes - Benz Sprinter 516, con motor GNC, unha unidade con carrocería Autocuby e outra unidade con carrocería Car-bus Spica Urban. Estes modelos posúen motores que cumpren a normativa de gases de escape Euro VI, co cal se reforza o seu menor impacto ambiental. Ademais, posúen un avanzado equipamento, tanto en sistemas de seguridade activa, entre os que destaca o sistema de freado de emerxencia BAS, como elementos de confort; luces LED, cómodas butacas, espazo reservado para 1 PMRSR (persoas de mobilidade reducida en cadeira de rodas) con dobre rampa de acceso, manual e eléctrica, son algunhas das comodidades que ofrecen ao viaxeiro.
Adicionalmente a estes vehículos, Monbus, na súa forte aposta pola sostibilidade medioambiental, optou por incorporar tamén 4 unidades de autobuses Man con motor exclusivamente de Gas Natural Comprimido e carrocería Castrosua.
Con todos estes vehículos, cuxa función é prestar servizo de transporte urbano e interurbano, Monbus súmase á Estratexia Española de Mobilidade Sostible, documento que integra os principios e directrices de actuación nesta materia.
O compromiso medioambiental de Monbus queda reflexado nas certificacións obtidas con anterioridade referidas á xestión do gasto enerxético e á redución da emisión de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en función das normas ISO 50001 e ISO 14064.
Polo tanto, en accións como esta, Monbus xunta dous dos seus principais obxectivos; por un lado, a continua renovación da súa frota, que lle levará a finalizar o ano 2015 con 57 novos autobuses e, por outro, a súa firme concienciación ambiental na xestión das principais liñas de negocio da empresa.