RUTAS E PUNTOS DE VENDA
Transporte urbano e metropolitano en España
Transporte Urbano en España
Monbus oferta servizos de transporte público urbano en autobús en diferentes puntos de España, aportando solucións á medida de cada cidade para resolver as demandas de mobilidade dos seus habitantes.
A través do noso servizo urbano contribuímos á desconxestión do tráfico en cidades coma Barcelona en Cataluña, Santiago de Compostela e Lugo en Galicia ou Alcalá de Henares na Comunidade de Madrid.
Os autobuses urbanos de Monbus son, na súa maioría, completamente accesibles a persoas con mobilidade reducida (PMR) e están equipados con modernos sistemas de axuda á explotación (SAE), o que incrementa a calidade do servizo prestado aos ciudadáns e son cada vez máis respectuosos co medio.
Transporte Metropolitano en España
Monbus está presente en diferentes áreas de Transporte Metropolitano en España: No ATM Área de Barcelona e no ATM Camp de Tarragona dentro de Catalunya e en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Compostela, Vigo e Ferrol dentro de Galicia e no CRTM na Comunidade de Madrid.
Os servizos de transporte metropolitano están regulados por diferentes organismos públicos en cada rexión, os cales establecen unha serie de medidas coma a integración tarifaria co obxectivo de mellorar a mobilidade e accesibilidade dos cidadáns nos arredores dos grandes núcleos urbanos.